Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Inscricións abertas para participar no ciclo formativo "Gondomar traballa polo emprego".

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-TRABALLOO Concello de Gondomar anunciou a apertura de inscricións para participar no programa "Gondomar traballa polo emprego". Un ciclo de carácter gratuíto, que ten por obxectivos fornecer nos interesados a preparación e habilidades na pescuda de emprego. O calendario prevé o desenrolo de 4 obradoiros que terán por temática o desenvolvemento persoal, o proceso de selección, o Emprego 2.0 e Recursos cara o Emprego. Os faladoiros terán lugar no Centro Neural de Gondomar durante o mes de novembro. As inscricións tamén deben facerse no CDL de luns a venres de 9 a 13:30 horas, ou no teléfono 986 38 40 20, así como no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Nin parque eólico nin minería extractiva a ceo aberto é a posición dos nacionalistas de cara o Pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O-galineiro-totalNin parque eólico nin minería extractiva a ceo aberto no Galiñeiro é a proposta que os cinco concelleiros nacionalistas (non adscritos) defenderán no Pleno do Concello de Gondomar na vindeira sesión do 8 de novembro. A defensa do entorno natural da serra a levarán adiante a través de dúas mocións asinadas polo ex alcalde Antonio Araúxo quen adiantou nesta xornada a presentación das mesmas.

Denuncian achado de bidóns con produtos inflamables nunha canteira abandonada na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

IMGP9789Espallados entre unha morea de entullo nas instalacións da antiga canteira de Vilas (Morgadáns), membros da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro atoparon recipientes con líquidos inflamables e tóxicos abandonados no lugar. O achado foi posto en coñecemento da Policía Local de Gondomar a que segundo informaron esta tarde dende a Plataforma, fixo a correspondente notificación ás autoridades do SEPRONA. Os bidóns, de diferentes dimensións, conterían aceites, valvulina e gasolina segundo os veciños

Unha empresa privada cubrirá as vacantes do Conservatorio de Música de Gondomar nos próximos tres meses.

Correo-e Imprimir PDF

paula bouzo_gondomarO Conservatorio de Música de Gondomar retoma a normalidade dos cursos a través da contratación -en principio por un trimestre- dunha empresa privada que cubrirá as tres vacantes docentes que por motivos de xubilación e baixas de saúde sufría o cadro de profesores da entidade. Paula Bouzos, concelleira de Educación de Gondomar adiantou que o Conservatorio prepara un calendario para recuperar as clases perdidas dende o principio do curso. Agregou que o Concello convocará un proceso selectivo de concurso- oposición coa intención de contar con profesores propios a partir do vindeiro mes de xaneiro.

ACHEGO "baixa o telón" e prepara a liquidación dos seus bens afogada polas débedas.

Correo-e Imprimir PDF

web-achegoEndebedada e sen recursos económicos, a Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO) enfronta un proceso de disolución que rematará nun peche total de actividades nos vindeiros días. Só a liquidación dos poucos activos do colectivo cara a deixar con "débeda cero" a curta andaina desta asociación, mantén a súa derradeira directiva con reunións periódicas, informou o vice presidente da mesma, Manuel Piñón a Valminor.info. O correo electrónico da asociación xa devolve as mensaxes dirixidas á entidade cunhas breves liñas que informan que " Desde el pasado 1 de octubre Achego ha dejado de funcionar y ahora estamos en proceso de disolución."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL