Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nacionalistas denuncian como "inútil e absurdo" o gasto de 1.570€ para axendas de agasallo feita polo Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro Pauliño del Río denuncia como un "gasto inútil e absurdo" a compra de axendas 2013 para agasallos feita polo Concello de Gondomar. Nomeadamente, o edil nacionalista cuestiona que o goberno municipal gaste 1.570 euros a tal fin, cando o goberno local, entre outra reducións, baixou os investimentos municipais preto dun 90% nos orzamentos de Gondomar.

Gondomar renova as instalacións da súa estación de bombeo de augas residuais localizada en A torre-Chaín

Correo-e Imprimir PDF

bombeo-Chain-O importe desta actuación foi de 40.000 €, 32.000 € concedidos pola Xunta e 8.000 € aportados polo Concello

Afectados pola estafa das preferentes protagonizan unha sentada no interior do Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

 

Os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas protestan no interior do Concello de Gondomar - Fotografia - Josué Villar A estas horas, afectados pola "estafa das preferentes" no Val Miñor participan nunha sentada nas escaleiras do propio concello de Gondomar e non ceden na súa presión pública iniciada dende fai meses para solicitar a devolución dos seus aforros bloqueados pola entidade financieira.

Beiras e catro deputados de AGE pecharanse este xoves no caixeiro de NGB de Gondomar en solidariedade cos afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

ngb-gondomar
Xosé Manuel Beiras manterá unha xuntanza cos afectados a partir das 22:30 e posteriormente poñerase ao dispor dos veciños que se acheguen ao caixeiro de NGB para escoitar e atender as demandas e opinións de persoas e colectivos.

- Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez e Eva Solla- pasarán a noite do xoves ao venres cos afectados polas preferentes.

M

ANOVA fixo entrega formal dunha copia do PXOM de Gondomar á ELM de Morgadáns, que carecía da documentación.

Correo-e Imprimir PDF

IMGP9794-O órgano administrativo local carecía da información relativa ao futuro da parroquia en materia urbanística.

O vogal Xaime Luxilde (ANOVA) tivo que entregarlle á Entidade Local Menor de Morgadáns unha copia do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), pois esta carecía do devandito documento en fase de estudo para a súa aprobación inicial. Nin o Concello de Gondomar nin o gobernante Partido Popular, do que é membro o presidente da Entidade, Urbano Esmerode, tiñan informado nin achegado á parroquia, unha copia da documentación entregada o pasado venres 30 de novembro aos grupos políticos con representación no Pleno Municipal

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL