Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Conservatorio oficial de Gondomar "a medio gas", sen clases de piano e tres baixas sen cubrir.

Correo-e Imprimir PDF

aviso-piano-conservatorioOs alumnos do conservatorio municipal de Gondomar carecen de profesor de piano dende principios de outubro. O retiro por xubilación da directora do centro e profesora de piano, así como a baixa dende principio do curso da profesora de Linguaxe musical, que tamén imparte clases do instrumento, aínda están sen cubrir . Por riba, os pais dos alumnos informan que hai que sumarlle outra baixa sen cubrir, a da profesora de vento madeira e Linguaxe musical, da que se prevé o seu retorno cara a finais deste mes. Os proxenitores aseguran estar ao límite e preocupados polo futuro dos máis de cen cativos que concorren ao centro.

Gondomar desenvolve plan piloto para capturar "infraganti" a condutores que se saltan a luz vermella do semáforo.

Correo-e Imprimir PDF

red-controlAs novas tecnoloxías xogan a favor do control do respecto das normas de tráfico. Cámaras de alta resolución nos túneles, carreteiras e avenidas conectadas a velocímetros, o "temible" radar, ect, son aparellos coñecidos polo condutores. Agora, no municipio de Gondomar, unha cámara conectada ao semáforo controla a posibles infractores á hora de respectar a sinal vermella. O primeiro está situado á altura do Cruceiro de Mañufe e en breves días o Concello recibirá o primeiro informe coas conclusións dunha semana de experimentación por parte da empresa Vialine, encargada da proba.

Novo accidente automobilístico na estrada Gondomar -Vincios, esta vez cunha persoa ferida.

Correo-e Imprimir PDF

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este xoves sobre ás 9 da mañá, na estrada Gondomar - Vincios(PO-331). O sinistro tivo lugar á altura de Chaín, "onde empezan as curvas", segundo datos facilitados polo Servizo de Emerxencias 112. A persoa foi asistida por un medico e unha ambulancia do 061 que a trasladou a POVISA, segundo as fontes sanitarias. Trátase do segundo accidente constatado nesta estrada e na mesma zona, no que vai da semana.

Gondomar instala os polémicos colectores de recollida de roupa. Caridade ou negocio?

Correo-e Imprimir PDF

colector-avda-do-condeDous colectores de roupa usada e calzado pertencentes a Jóvenes Unidos por el Desarrollo Medioambiental S.L. foron instalados nestes días na vila de Gondomar con autorización do Concello. A empresa, con domicilio fiscal en Toledo, defínese no Rexistro Mercantil como empresa dedicada á distribución e comercio al por maior e menor de toda clase de prendas entre outros xiros comercias. Nembargante o concelleiro Juan Carlos González Cameselle, encargado das negociacións coa empresa, asegura que trátase dunha recolleita con fins socias coa que estase a desenvolver un plan piloto. A empresa ten asinados convenios con varios municipios españois .

Gondomar decide manter aos tres auxiliares de policías contratados polo verán até fin de ano.

Correo-e Imprimir PDF

2012-07-05---EL-CONCELLO-DE-Con esta decisión o número de efectivos elévase desde o pasado 1 de xullo a dez policías locais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL