Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Unha sentencia absolve ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis dun millón de euros a unha promotora

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomar-O Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo vén de desestimar o recurso contencioso administrativo presentado por Promociones Colmeiro e Martínez S.A. no que solicitaba unha indemnización do Concello de Gondomar de 1.061.600,09 euros

O veciño de Gondomar, Alfredo López , recibirá o premio OSÍXENO 2012 polo seu traballo en defensa da fauna mariña.

Correo-e Imprimir PDF

alfredo lopezA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia(ADEGA) vén de fallar este mércores os premios OSÍXENO e DIOXINA que recoñecen ás mellores e peores actuacións ambientais do ano. Na categoría individual o premio recaeu no veciño de Peitieiros (Gondomar),Alfredo López (biólogo mariño e especialista en debuxos da fauna ) pola súa defensa do patrimonio marítimo do país, a través do seu labor na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

"Habemus convocatoria": a Xunta Veciñal de Morgadáns volverá a reunirse despois de oito meses.

Correo-e Imprimir PDF

mesa morgadans_2011-A presidencia deixa fóra o tratamento das contas da parroquia e o orzamento para o 2013.

-O vogal Xaime Luxilde renunciará como representante do BNG en Morgadáns tras o seu pasaxe a ANOVA.

-Urbano Esmerode informará dunha alegación feita pola Entidade contra a instalación do parque eólico na Serra do Galiñeiro.

-Luxilde presentará un proxecto para recuperar a canteira de Vilas.

-A xuntanza terá lugar este xoves 13 de decembro ás 19:30 horas no local da Entidade.

Desaloxo e reocupación do caixeiro de NGB en Gondomar na mesma mañá.

Correo-e Imprimir PDF

ngb desaloxoUn operativo da Garda Civil desaloxou ás 9 da mañá ao grupo de clientes de NovaGalicia Banco que ocupaban o caixeiro da sucursal Gondomar. O operativo tivo lugar sen incidentes xa que os aforristas decidiron saír sen opoñer resistencia, tras 8 días de ocupación permanente en reclamo da devolución dos seus aforros retidos a través de participacións preferentes e débedas subordinadas. Valminor. Info, único medio presente nese momento, puido observar un trato respectuoso entre os dous axentes que levaron adiante a orde xudicial de desaloxo e os veciños que ocupaban. No momento de redactar este artigo, o caixeiro volve a ser ocupado por outro grupo de afectados.

ANOVA Gondomar fai público o documento do PXOM na súa web.

Correo-e Imprimir PDF

anova pxom
Os cinco concelleiros non adscritos decidiron facer público o documento do PXOM de Gondomar "porque os políticos non somos unha casta superior que deba ter máis privilexios que o resto da cidadanía", afirman. A documentación pódese descargar na web de ANOVA Gondomar, grupo político ao que responden os concelleiros escindidos do BNG, que deste xeito, contraveñen a orde do goberno municipal que restrinxe o seu  acceso ao grupo de concelleiros integrantes do Pleno.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL