Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A oposición denuncia ao PP de Morgadáns por gobernar dende hai 8 meses sen convocar á Xunta Veciñal.

Correo-e Imprimir PDF

mesa morgadans_2011
- A Xunta Veciñal de Morgadáns leva oito meses sen ser convocada a pesar das peticións da oposición .

- A presidencia da EML omitiu as convocatorias de xullo e outubro ás que estaba obrigada por mandato do Pleno.

-O vogal nacionalista Xaime Luxilde cualifica as omisións como unha "prepotencia máis do PP de Morgadáns", e teme polo futuro das contas da parroquia, aínda sen orzamentos para o 2013.

- O presidente Urbano Esmerode, comprometese a facer a convocatoria dentro dos vindeiros 15 días.

Con circulación restrinxida aos 17 concelleiros aterrou o novo PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

VISTA AREA_DE_GONDOMAR- A entrega fíxose esta mañá durante a comisión informativa na que se presentou o PXOM aos grupos políticos polos técnicos de EPTISA, empresa redactora do plan

-Unha previsión de 4000 vivendas novas a construír nos 12 anos de vixencia do PXOM delimitará as novas áreas urbanizables no concello de Gondomar.

-O documentación do PXOM só estará dispoñible para os grupos políticos con representación no Pleno da Corporación. O alcalde prevé que o documento circule polas parroquias unha vez feita a aprobación inicial, a máis tardar sobre o mes de marzo.

O Concello de Gondomar remodela as canalizacións de augas pluviais na Fraga para evitar inundacións

Correo-e Imprimir PDF

vincios-cunetas-a-fraga-A actuación acometida por Vías e Obras pretende evitar a anegación de vivendas como as sucedidas o pasado ano

Inscricións abertas para o obradoiro gratuíto “Recursos cara o Emprego” a desenvolverse en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-emprego-gondomarA Concellaría de Emprego de Gondomar ofrece mañá xoves desde as 9.30 horas a súa cuarta xornada de emprego, na que intervirán empresarios da Pasaxe, responsables de Radio Ecca e do portal de colocación Eures. O acto culminará cunha charla dun experto en habilidades directivas. Os interesados poden inscribirse chamando ao 986 384020.

Gondomar mobilízase contra a violencia cara as mulleres

Correo-e Imprimir PDF

-Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres, este domingo 25 de novembro haberá unha concentración ás 12 horas diante do Concello, lerase un manifesto e proxectarase a curta 'Mirada nova'

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL