Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG reclama a creación dunha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-O BNG presenta un petitorio ao Concello de Gondomar para que o Pleno Municipal inste ao Goberno do Estado á modificación da Lei Hipotecaria.

-No ámbito municipal o BNG reclama a creación dunha Comisión Especial para atender casos de desafiuzamentos, reclamar das entidades bancarias e de aforro información sobre posíbeis desafiuzamentos que afecten a familias do concello, a paralización dos que estean en marcha e a súa colaboración coa Comisión Municipal creada para Casos de Desafiuzamento e, se non houber colaboración, prescindir dos servizos que as mesmas poidan prestar ao Concello.

Deu comezo o ciclo "Gondomar traballa polo emprego".

Correo-e Imprimir PDF

taller-empleo-003A concellería de Formación e Emprego do concello de Gondomar celebrou a primeira das catro sesións informativas de busca de emprego. Esta primeira xornada, na que se abordou a "Marca persoal", foi impartida por Alberte Cea, orientador laboral do Concello de Vigo e traballador cunha ampla experiencia no mercado laboral e nos recursos humanos.

O BNG apoia aos afectados polas preferentes que estes días están mobilizándose en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

protesta ngb_vigoO BNG de Gondomar expresou o seu apoio aos afectados polas participacións preferentes que nestes días están a mobilizarse ante a oficina de Novagalicia Banco de Gondomar, sucursal en que se tramitaron estas participacións a pequenos aforradores que non foron informados do risco da operación que contrataban.

Comezan obras de mellora de camiños rurais nas parroquias de Donas e Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informou este martes 13 de novembro o comezo das obras de mellora na capa de rodadura nos camiños de Porros e Mosteiro (Donas), así como o camiño Igrexa – Pintor (Chaín). A administración aplicará un investimento de 81.846,12 euros provenientes do PEIM (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio rural).

Crean un paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

paso pietieriosO Concello de Gondomar ven de concluír a colocación dun paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas (Peitieiros). As obras acometéronse ca fin de dotar de maior seguranza a circulación de peóns nese punto da PO-2301, segundo informaron os concelleiros Jesús Salgueiro (Vías e Obras) e Paula Bouzós (Educación), encargados da xestión. A intervención foi subvencionada pola Deputación de Pontevedra, titular da estrada, segundo informou esta mañá a administración.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL