Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Afectados polas preferentes abordan ao conselleiro Agustín Fernández na súa visita a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

preferentesUn grupo de clientes vítimas da estafa das preferentes/subordinadas das caixas galegas interromperon este martes o percorrido que o conselleiro Agustín Fernández facía coas autoridades municipais por mor das obras de saneamento en Gondomar. Parte dos afectados que actualmente ocupan o edificio do Concello saíron do peche co fin de esixirlle a Fernández que atopara cos seus compañeiros de goberno unha solución política ao "curraliño" no que as financeiras deixaron os seus aforros. O alcalde de Gondomar, Fernando Gutián, intercedeu na conversa que por momentos subía de ton, para pedirlle ao conselleiro que en nome dos seus veciños fixesen o posible por axilizar unha solución ao problema.

Gondomar abre o prazo de inscrición para o concurso-desfile do Entroido 2013

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomar-2012- O horario será de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar

A recollida de lixo en Gondomar e o cobro da taxa respectiva pasará a mans do servizo provincial.

Correo-e Imprimir PDF

colector-rua-elduayenO vindeiro martes 15 de xaneiro o Pleno do Concello de Gondomar debaterá a pasaxe da xestión da recollida de lixo municipal ao servizo provincial ofrecido pola Deputación. O tema consta como único punto da Orde do Día proposto polo goberno municipal con maioría no Pleno, e solicita "a delegación no ORAL da xestión, inspección, liquidación, recadación, sanción, revisión dos actos e actuacións sobre a taxa polo servizo de recollida domiciliaria de lixo".

Ábrense inscricións para cursos oficiais de lingua galega no Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

galegoO Concello de Gondomar xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia informan que porán organizar cursos de diferentes niveis preparatorios para as probas oficias de CELGA 1,2, 3 ou 4 de lograrse a formación de 20 alumnos por curso. Polo cal abren inscricións ata o 23 de xaneiro no Centro de Desenvolvemento local de Gondomar (Avda. do Conde, s/n) en horario de oficina.

O XXXI Certame de Rondallas de Reis reunirá en Gondomar ás agrupacións máis destacas do sur de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

a-merced-chain-As locais agrupacións de Vincios e Chaín serán as anfitrionas dun desfile que contará con 10 rondallas en representación de Vigo, Nigrán, Mos e Porriño.

-O desfile de rondallas comezará ás 10 horas da mañá de Reis en contará co tradicional "encontro de bandeiras".

-En caso de choiva o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL