Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar porá un autobús para trasladar aos afectados polas preferentes á manifestación en Santiago.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas anuncia na súa páxina en Facebook, que o Concello "pagará" un autobús para que todos aqueles que quieran participar da manifestación en Santiago podan facelo de xeito gratuíto. A información ven incluída na convocatoria a participar en dito evento, que terá lugar o vindeiro sábado 2 de febreiro.

Retiran en Gondomar catro árbores caídas durante as enchentes dos ríos Zamáns e Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Tarefas de limpeza no rio ZamánsOperarios de Augas de Galicia procederon a retirar catro árbores caídas durante as enchentes dos ríos Miñor e Zamáns que cruzan Gondomar. Pola súa banda, o Concello de Gondomar informa que unha vez remate a época de choivas continuarán as tarefas de adecuación que incluirán tanto, a roza dos restos vexetais que poidan entorpecer os cursos das augas como a retirada de residuos acumulados nos marxes.

Os xogadores do Gondomar C.F. abraiaron, golearon e solidarizáronse cos veciños afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-fc-preferentesA Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes e subordinadas recibiu o pasado domingo o apoio dos xogadores do Gondomar Fútbol Club que saíron ao campo de As Gaiandas, vestidos coas camisetas que habitualmente utilizan os veciños nas súas xornadas de protesta. A escuadra gondomareña aprontábase para disputar o partido ante o Ponte Ourense, ao que finalmente venceu cun contundente 7 a 1.

O medo ao asolagamento de vivendas e negocios volve a Gondomar logo doutra xornada de intensas choivas.

Correo-e Imprimir PDF

rio-minor-fontanCada vez que as xornadas de choiva enchen a canle do Miñor o medo a unha posible desfeita arrepía a veciños e comerciantes da vila condal. Afortunadamente, esta xornada non provocou vítimas nin danos materias de importancia, segundo confirmou o alcalde Fernando Gutián. O rexedor ten disposto un retén permanente para emerxencias coa policía local e operarios de Vías e Obras que ata o momento desta publicación non lle tiñan comunicado ningún incidente grave. Nembargante, veciños dos barrios de Fontán, Mañufe e a zona da praza de abasto -lugares de habitual inundación- non deixaron de controlar o estado do río.

A Casa da Cultura de Gondomar amosa nova faciana logo da súa remodelación.

Correo-e Imprimir PDF

Casa-cultura-antesA vinte anos da súa habilitación como Casa da Cultura municipal, o edificio foi remodelado en boa parte das súas estruturas cun orzamento de 12 mil euros. Os traballos foron desenvolvidos en su meirande parte por persoal do Concello, agás a colocación dunha tarima flotante feita por unha empresa privada. As obras renovaron as paredes do edificio no que na actualidade funcionan a Oficina da Cultura, a Oficina de información xuvenil (OMIX), a Oficina da Muller e a de Benestar entre outros servizos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL