Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Protestas en Gondomar pola instalación dun circo con espectáculos con animais.

Correo-e Imprimir PDF

380387 4269837319016 1792494983 n-Activistas pola defensa dos dereitos dos animais reclaman ao Concello de Gondomar a prohibición da instalación do circo Coliseo pola utilización de animais nos seus espectáculos.

A organización internacional de defensa dos animais Igualdade Animal presentouse onte nas rúas, colexios e institutos de Gondomar, debido á instalación neste municipio do circo con animais Coliseo. A asociación denuncia "a terrible realidade que padecen durante toda a súa vida os animais utilizados como espectáculo e promover o respecto polos animais". No transcurso deste venres, tamén fixéronse presentes nas rúas de Baiona e A Ramallosa a repartir centos de folletos informativos.

O BNG de Gondomar propón ao pleno a solicitude da retirada do anteproxecto da Lei da Administración Local e a eliminación das diputacións

Correo-e Imprimir PDF

Ministros de Facenda, Cristobal Montoro. Impulsor da lei da Administración Local © Congreso DiputadosO BNG reclama do Concello de Gondomar que inste ao goberno do central a retirar o Anteproxecto de Lei da Administración Local e realizar unha reforma constitucional que suprima as Deputacións privinciais.

A campaña 'Presume de praceiro/a chega a Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Presume de praceiro/aA Praza de Abastos do Concello de Gondomar participa unha vez máis na campaña 'Presume de praceiro/a' da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

A iniciativa, na que cada cliente dos mercados poderá votar polo seu 'praceiro' ou 'praceira' favorita, chegou este luns a Gondomar. Por cada compra realizada, os usuarios do Mercado Municipal recibirán unha tarxeta-voto. Unha vez cuberta a papeleta, cos seus datos e voto a calquera posto da praza, deberán depositala nunha urna habilitada para o devandito fin na propia praza.

A actual redacción do PXOM de Gondomar non atopa consensos a pesar de que o goberno afirma o contrario.

Correo-e Imprimir PDF

VISTA AREA_DE_GONDOMAR- Concelleiro de Urbanismo, Carlos Lameiro (PP) "houbo bastante acordo entre todos os grupos reunidos".

- Que o goberno afirme que hai consenso coa actual redacción do PXOM "é unha mentira total e absoluta", sinala Antonio Araúxo, portavoz de ANOVA.

-"Estamos traballando coa maior celeridade posible, pero o PXOM está verde e lonxe da madurez necesaria para a súa aprobación inicial", afirma Francisco "Paco" Ferreira, portavoz do PSOE.

As modificacións da alcaldía ao pleno extraordinario para tratar a problemática das preferentes esperta malestar en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

-O pleno das preferentes en Gondomar será ás 9 da mañá do luns, non terá carácter monográfico e a intervención dos veciños afectados terá lugar antes do inicio da sesión.

 

A semana pasada os concelleiros de ANOVA Gondomar (non adscritos) solicitaron formalmente un pleno monográfico  sobre o tema das preferentes e subordinadas que afectan a máis de 400 veciños do municipio. A solicitude incluía que na reunión se dera voz aos veciños afectados e nucleados na Plataforma . Tamén pedían que a reunión se celebrara a partir das 20 horas (horario habitual destas sesións) para permitir a maior concorrencia de cidadáns á cita. Nembargante, o Concello de Gondomar convocou á corporación para as 9:30 horas da mañá do vindeiro luns 25 de marzo, agregou temas pendentes doutros plenos no orde do día e por riba limitou a participación dos aforristas estafados en 30 minutos, e fóra do horario formal do pleno.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL