Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas levará adiante o seu "Enterro dos Aforros".

Correo-e Imprimir PDF

enterropreferentes-Ás 19:30 horas deste mércores Gondomar terán lugar dous enterros, o primeiro a cargo dos veciños de Chaín que desenvolverán o tradicional Enterro da Sardiña acompañado pola lectura do testamento. A continuación, os aforristas afectados pola venda de accións preferentes e débedas subordinadas das caixas galegas, escenificarán o "Enterro dos seus aforros" a través da queima dun ataúde e a lectura dun pregón. Os actos terá lugar fronte á praza da Paradela.

O Concello de Gondomar solicita novos colectores para o municipio.

Correo-e Imprimir PDF

colectores-lixo-gondomarA concellaría de Medio Ambiente de Gondomar anunciou que están a trámite un conxunto de oficios co fin de obter novos colectores de lixo para o municipio. As solicitudes foron presentadas ante a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a asociación Ecovidrio, segundo informou o concelleiro responsable Juan Carlos González.

Suspendese o Pleno de Gondomar ante unha protesta con pitos e berros de colectivos de desempregados e afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-preferentes-pleno-Adianto do vídeo informativo cos incidentes no Pleno que están a elaborar os colegas de Gondomar.tv

A berros e pitos os colectivos que acollen aos cidadáns afectados polas preferentes de NGB e mais un grupo de veciños en situación de desemprego no Val Miñor interromperon a sesión do Pleno de Gondomar cando ían corenta minutos da sesión. O alcalde Fernando Guitián baixou do esceario do Auditorio Lois Tobío, onde se sitúa a mesa, para conversar cos manifestantes os cales lle comunicaron que non deterían a "sonora" protesta. Ante a imposibilidade de manter o normal desenvolvemento do Pleno a sesión foi suspendida.

A berros e cornetas suspéndese o Pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

preferentesO Pleno de Gondomar acaba de ser suspendido ante a irrupción no Auditorio Municipal dos membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas. Os pitos e berros da protesta comezaron cando ían 45 minutos de sesión. Ampliaremos en breve nun traballo conxunto con Gondomar.tv.

Os nacionalistas advirten que a construción dun muro á altura da escola vella agravará os problemas de asolagamento en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

escola-vellaOs nacionalistas, agora integrantes da formación política a ANOVA, proporán a realización dun concurso de ideas para darlle unha solución eficiente ao problema dos asolagamentos na vila de Gondomar. Ao mesmo tempo, pedirá no vindeiro pleno ao goberno municipal a retirada do proxecto de construción dun muro de contención no Campo das Cercas, por entender que agravaría máis a situación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL