Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Derrube parcial do teito do Auditorio Lois Tobío de Gondomar por mor das choivas e o vandalismo.

Correo-e Imprimir PDF

 

teito-conservatorio-gondomaO concelleiro de Vías e Obras de Gondomar, Jesús Salgueiro, denuncia que a construción estaba deteriorada por actos vandálicos acontecidos días atrás, o que sumado as fortes choivas provocaron que unha parte do teito se derrubase causando danos e inundacións no interior da aula do Conservatorio.

Veciños de Vilaza obteñen da Xunta a validación de 8 licenzas outorgadas polo ex alcalde Carlos Silva.

Correo-e Imprimir PDF

fernando-guitian-alcaldiaA Xunta valida 8 licenzas outorgadas polo Concello de Gondomar en Vilaza entre os anos 2006 e 2007.

-Así o recoñecía Fernando Guitián despois de manter unha reunión coa directora do organismo autonómico

- A APLU abría expediente, en outubro do pasado ano, contra seis chalés e dúas parcelacións por considerar que se encontraban en chan rústico

O goberno en minoría de Gondomar debe abortar outra vez o pleno ante as pitadas dos preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF

preferente-pleno"Por favor señores, deixen facer o pleno", foron as únicas palabras que puideron escoitarse do alcalde popular Fernando Guitián, antes de que fixera o ademán de que o mesmo remataba. A pitada e os gritos da Plataforma Gondomar de afectados polas preferentes foi a única protagonista dun pleno que non durou nin 5 minutos. Apenas o rexedor dispuxo a orde do día e deu a palabra aos concelleiros que quixeran intervir, foron os preferentistas os que comezaron a falar anunciando que mentres non se solucione o tema da devolución dos seus aforros no permitirán a celebración dos plenos.

Ferido por disparo un mozo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Os feitos ocorreron nun portal da rúa Emigrante. Foto - Gondomar.tv
Un mozo foi ferido ao redor das oito desta tarde en Gondomar. O autor do disparo deuse á fuga nun coche mentres Garda Civil e Policía manteñen o cerco.

.

Os feitos ocorreron hoxe sobre as oito da tarde no número 12 da rúa Emigrante. O mozo resultou ferido por unha bala de pequeno calibre, presumiblemente unha carabina.

Frustrada sesión do pleno de Gondomar sobre a problemática das preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

image 1364204511588024
Suspéndese o Pleno de Gondomar até o mércores 27 de marzo ás 20 horas. A oposición e os veciños afectados polas preferentes cuestionaron ao alcalde Fernando Gutián por fixar o comezo da sesión deste luns ás 9 horas. Horario que impediu a presenza dos traballadores que en nome da plataforma estaban anotados para intervir ao comezo do pleno. Os cinco concelleiros non adscritos pertencentes a ANOVA e o tenente de alcalde Eladio Costas (PP) abandonaron a mesa do pleno. Finalmente, o alcalde Fernando Gutián consensuou co resto da oposición presente e a plataforma o

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL