Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Unha caravana solidaria chegará dende Lugo en apoio aos afectados polas preferentes pechados en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma leva meses ocupando a entrada do concello de GondomarO vindeiro sábado 16 de marzo, unha “Caravana Solidaria” atravesará o país para achegarse ata o Concello de Gondomar, onde se atopan pechados os membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do municipio. A comitiva es esperada sobre as 12 horas na praza da Paradela, onde será recibida pola plataforma e veciños.

O Concello de Gondomar denuncia ante a Dirección Xeral de Mobilidade o incumprimento da concesión por parte da empresa Melytour

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomar-Efectuáronse dúas denuncias pola supresión da liña das 07.20 horas con percorrido Vigo-Vincios-Gondomar-Morgadáns-Couso, e a liña das 07.55 con ruta Gondomar-Vigo

-Os feitos foron comprobados polo Concelleiro de Medio e Servizos, Juan Carlos Camesella, quen os puxo en coñecemento da Policía Local

ANOVA solicita un pleno extraordinario para darlle voz aos afectados polas preferentes en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

chourizada preferenteAta o vindeiro venres 15 de marzo o Concello de Gondomar terá prazo para dar lugar a un pleno extraordinario e de carácter monográfico relativo á problemática das preferentes. O mesmo fora convocado formalmente a semana pasada polos cinco concelleiros nacionalistas (non adscritos) a través dun escrito. A solicitude tamén inclúe que sexa un representante dos aforristas estafados a que expoña á "Corporación Municipal e á cidadanía en xeral de primeira man a problemática que están a padecer". ANOVA, ao igual que a Plataforma de afectados estima nun número próximo a 400 os veciños de Gondomar que foron obxecto da estafa das caixas .

O Concello de Gondomar afronta a rehabilitación de máis de 350 arquetas obstruídas ao longo do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

arquetaO Concello de Gondomar está a acometer obras a prol de solucionar problemas en máis de 350 arquetas espalladas en distintos puntos do municipio. Exactamente son 360 segundo informou o concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro, que ven de pechar unha primeira fase de recuperación e mantemento de 50 destas infraestruturas de grande importancia á hora de evitar inundacións en tempos de choivas.

Gondomar celebrará unha xornada técnica para combater ao Escaravello Vermello das palmeiras

Correo-e Imprimir PDF

escaravello-vermello- Esta praga xa obrigou a cortar 4 palmeiras na parroquia de Borreiros.

-Organizada polo COIAG e a Consellería de Medio Rural e do Mar, terá lugar o mércores 6 no Centro Neural do municipio

-A sesión está dirixida a profesionais do sector e constará dunha parte teórica e outra práctica

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL