Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar afronta a rehabilitación de máis de 350 arquetas obstruídas ao longo do municipio.

O Concello de Gondomar afronta a rehabilitación de máis de 350 arquetas obstruídas ao longo do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
arqueta

O Concello de Gondomar está a acometer obras a prol de solucionar problemas en máis de 350 arquetas espalladas en distintos puntos do municipio. Exactamente son 360 segundo informou o concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro, que ven de pechar unha primeira fase de recuperación e mantemento de 50 destas infraestruturas de grande importancia á hora de evitar inundacións en tempos de choivas.

A tarefa estase a desenvolver conxuntamente con traballos de rehabilitación de camiños afectados polos fortes temporais de chuvia e vento que sufriu Gondomar durante os meses pasados e que provocaron importantes danos nos camiños máis rurais do municipio facendo que moitos deles quedasen "intransitables pola caída de muros", afirma Salgueiro.

A primeira etapa centrou as obras nas parroquias de Mañufe, Borreiros e Peitieiros. A administración local anuncia que estase a traballar nestes días nos camiños de Chaín.