Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar non celebra o seu pleno de maio en apoio aos afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

afectados pleno_gondomar-En contrapartida, a Plataforma Gondomar dos afectados comprometeuse a non irromper no próximo pleno onde se tratarán as subvencións para os comedores escolares do concello.

A decisión de non celebrar o pleno ordinario do pasado xoves 2 de maio, foi froito dun acordo celebrado o pasado mércores 24 de abril no grupo de traballo que semanalmente reúne ao alcalde popular Fernando Guitián, cos voceiros dos grupos municipais e mais unha representación da Plataforma de afectados de Gondomar, sinalou a voceira desta última, Rocío Cambra .

O BNG presenta unha iniciativa para que o Concello de Gondomar esixa a retirada do anteproxecto da LOMCE

Correo-e Imprimir PDF

non lomce-Presenta tamén unha moción contra a supresión dos xulgados de paz e para que se garanta a gratuidade dos servizos prestados polos Rexistros Civís.

A iniciativa nacionalista contra o anteproxecto de lei da educación salienta que o texto " é fondamente centralizador, clasista e sexista, que mercantiliza a educación e pretende afondar nun modelo moito máis autoritario e antidemocrático". Nese senso, lembran que precisamente contra a LOMCE a comunidade educativa desenvolveu a pasada semana peches nos tres concellos do Val Miñor. Por este motivo o BNG propón que o Concello de Gondomar reclame a retirada deste Anteproxecto de lei orgánica para a mellora da calidade educativa e esixa que a Xunta da Galiza solicite ao goberno do estado a súa retirada "por invadir as súas competencias."

Gondomar celebrará dúas charlas sobre a praga do Picudo Vermello das palmeiras

Correo-e Imprimir PDF

escaravello-vermello- Impartiranse no Centro Cultural de Donas e no Centro Cultural de Vilaza os días 8 e 10 de maio respectivamente

Propiciadas pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, Gondomar acollerá dúas charlas para informar aos veciños sobre a problemática da praga do "Picudo Vermello" que está a afectar ás palmeiras do municipio. A primeira delas impartirase no Centro Cultural de Donas o día 8 de maio; e a segunda será no Centro Cultural de Vilaza o 10 de maio. Ambas as dúas ás 20.00 horas.

Entrevista a Emilio García Crego, ex-director de oficina de Caixanova e actual concelleiro non adscrito (Anova) de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

entrevista-cregoA principios de abril tivo lugar unha entrevista de Gondomar.tv ao ex director da oficina de Caixanova e actual concelleiro non adscrito (ANOVA) no municipio, Emilio García Crego. A mesma desenvolveuse na Tapería Ardora de Mañufe, e Valminor.info participou grazas a un convite achegado pola produción dos colegas gondomareños. No encontro, García Crego fai un percorrido pola súa traxectoria profesional dende a mocidade, pasando pola súa actividade bancaria ata chegar ao presente, onde asume como concelleiro da oposición nacionalista no Pleno da Corporación de Gondomar.

FE Jons desmárcase das pintadas denunciadas por EU en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pintada-falange-2A Delegación Provincial de Pontevedra da Falange Española de las Jons nega calquera tipo de responsabilidade nas pintadas feitas en Gondomar coa firma "La Falange". Opina que as "pintadas" son unha forma "rudimentaria" de facer política, e que por riba "degrada el paisaje urbano". A organización achegou a través do seu portavoz Carlos Seijo unha nota a Valminor.info en resposta a un artigo publicado o pasado xoves no que se daba conta dunha denuncia feita por Esquerda Unida sobre diversos grafitis en muros e fachadas da vila de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL