Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar retira dous semáforos da rúa Elduayen por inútiles.

Correo-e Imprimir PDF

rotonda avdafeiraUn dos semáforos retirados encontrábase no barrio de Fontán en Mañufe, en fronte do supermercado Froiz, e segundo a administración local " impedía a utilización dunha praza destinada ao aparcadoiro". O segundo, estaba situado na rotonda coa circunvalación á Avenida da Feira.

ANOVA esixe ao goberno de Gondomar que explique o da “fosa séptica” no centro da vila.

Correo-e Imprimir PDF

 

saneamento-gondomar-as-garzAntonio Araújo Quintas, en nome dos cinco concelleiros nacionalistas (ANOVA) de Gondomar esixe explicacións ao goberno local e Augas de Galicia sobre a fosa que se está a construír na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns á altura das vivendas de As Garzas.

Estudantes alemáns visitan Gondomar nun intercambio co IES Auga da Laxe.

Correo-e Imprimir PDF

intercambio-22 rapazas e 5 rapaces percorren estes días o Concello, xunto a dúas profesoras

-Fernando Guitián, alcalde do municipio, e Paula Bouzós, concelleira de Educación recibíronos, o pasado luns, na Casa da Cultura

Veciños de Donas solicítanlle ao alcalde de Gondomar melloras na iluminación e o saneamento da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Veciños de Donas na Casa Consistorial. Durante o encontro, os membros da plataforma veciñal trasladaron ao alcalde as súas peticións para solucionar os problemas que lles afectan e se repasaron as actuacións que quedan pendentes de acometer, co fin de fixar a súa execución.

Varias toneladas de entullos, lixo, pedras e terra acosan o río Zamáns entre Vilaza e Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

entullo-zamans-A Asociación A Groba denuncia un importante vertido no río Zamáns

A Asociación Ecoloxista A Groba atopou a pasada fin de semana varias toneladas de entullo, lixo, pedras e terra espallados nas beiras do río Zamáns. Os vertidos afectan o tramo comprendido entre os barrios de Vilaza e Chaín. O colectivo alerta sobre a ameaza que representan estes vertidos incontrolados sobre a calidade da auga, así como as súas consecuencias no medio ambiente.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL