Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Segunda noite consecutiva de incendios nocturnos en Gondomar, arden montes en Morgadáns e Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

 

lume peitieiros
Actualización: Medio Rural estima en 25 as hectáreas de monte afectadas polo incendio en Morgadáns. O lume que tivo inicio sobre as 22 horas do sábado e foi extinguido as 6:20 horas deste domingo, arrasou 3 ha forestais e 22 ha de monte raso, segundo a consellaría. Nos traballos de extinción participaron un técnico, cinco axentes forestais, oito brigadas, oito motobombas e dous palas.

Arden os montes de Morgadáns e Peitieiros nun novo lume provocado pola noite

Correo-e Imprimir PDF

lumeActualización: Comuneiros de Peitieiros e brigadas da Xunta controlaron o lume sobre a 1:30 desta madrugada. Segundo fontes da CCMM de Peitieiros, o incendio, tivo inicio en Piñeiro, preto do núcleo de vivendas.

Unha hectárea de monte arde novamente en Donas.

Correo-e Imprimir PDF

Incendio Donas Gondomar - Foto Manuel AlonsoUn novo incendio tivo lugar sobre as 14:30 horas nas tomadas que van dar ao castro de Pedra Moura, na parroquia de Santa Baia de Donas, a carón do campo de fútbol. O lume iniciado en cinco focos simultáneos afectou próximo a unha hectárea, segundo cálculos de Medio Rural. As características do incendio abre novamente as sospeitas dunha clara intencionalidade como xa sucedera no sinistro rexistrado o pasado luns na mesma parroquia, así como os que tiveran lugar a semana pasada en distintos puntos do concello de Gondomar.

Tentan raptar a un neno en Gondomar a plena luz do día.

Correo-e Imprimir PDF

rua-ameixeiraO intento de rapto sucedeu sobre as 11 horas da mañá do mércores cando o menor de 12 anos transitaba pola beirarrúa da Avenida Ameixeira a poucos metros da rotonda coa Avenida Don Diego Sarmiento de Acuña, en Gondomar. Un home adulto que conducía un turismo gris intentou en dúas ocasións abordar ao cativo convidándoo a subir ao coche. O rapaz logrou fuxir atravesando un campo baldío mentres o home acosábao a gritos desde o automóbil.  A familia do cativo presentou denuncia ante a Policía Local de Gondomar.

ANOVA asegura que Gondomar está cada vez máis illado do “exterior” cun servizo de transporte peor que hai 30 anos.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomar-“Gondomar en pleno  século XXI, a nivel de transporte de viaxeiros por estrada, está peor servido que hai 30 anos”, afirma o concelleiro Antonio Araúxo Quintas (ANOVA).

-ANOVA acusa  ás empresas transportistas ATSA  e MELYTUR porque “desprezan aos usuarios e potenciais clientes suprimindo unilateralmente liñas e servizos”

-O voceiro nacionalista acusa ao alcalde popular Fernando Guitián por “desleixo e desinterese” dos problemas dos veciños, tras ter admitido a menos de 48 horas da redución o seu descoñecemento do tema.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL