Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Veciños advirten da actuación de maquinaria pesada na zona de protección da Ponte Romana de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

DSCF2110As actuacións de maquinaria pesada no perímetro de protección da Ponte Romana de Mañufe esperta preocupación entre os veciños de Gondomar. Nomeadamente sinalan a construción dun obradoiro e os desprazamentos de terra que están a ter lugar a poucos metros deste ben patrimonial protexido, por mor das obras de saneamento. Se ben a alcaldía anunciou hai un ano que o proxecto non afectará a súa estrutura nin o antigo lavadoiro soterrado na beira sur do río Miñor, témese pola pegada que esta obra poida deixar cara a unha futura rehabilitación da ponte, xa comprometida pola Deputación de Pontevedra.

A oposición obriga ao goberno de Gondomar a baixarse o soldo á metade.

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar set 2013O equipo de goberno de Gondomar deberá baixarse o soldo un 50%. A moción de urxencia aprobada no pleno de onte a petición do concelleiro Eladio Costas foi aprobada cos votos dos grupos da oposición. A petición do PSOE os cartos destinaranse a emerxencias sociais. Nesta redución tamén entran as partidas que a oposición cobra pola asistencia aos plenos.

Mentres os bombeiros apagan Mañufe, brigadas e medios aéreos combaten outro lume iniciado en Donas.

Correo-e Imprimir PDF

donasActualización: Medio Rural da por extinguido o lume en Donas dende as 17 horas. Aínda non hai información sobre a superficie de monte afectada.

Un axente, tres brigadas, unha motobomba e medios aéreos están a combater un lume iniciado ás 14:19 horas na parroquia de Donas (Gondomar), segundo reporta Medio Rural. O lume ten lugar novamente na zona da Costa do Chosco, nos barrios de A Barcalla e O Mosteiro en Santa Baia de Donas. O lume tivo inicio case ao mesmo tempo que as brigadas que traballaban na veciña parroquia de Mañufe lograban controlar o incendio desatado media hora antes.

Prende lume o monte da parroquia de Mañufe en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

nande

Actualización: Lume controlado sobre as 14:24 segundo reporta Medio Rural

O lume tivo inicio sobre as 13:40 horas nos montes de Mañufe, sobre a zona de Nande. Nestes intres 1 axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba intentan controlar o lume na zona, segundo datos aportados por Medio Rural.

Furanchos e o saneamento de A Pedra serán os temas que levará a alcaldía ao pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-Unha ordenanza para os furanchos e o proxecto de saneamento para o núcleo de A Pedra (Morgadáns) serán as propostas que levará a alcaldía cara ao vindeiro Pleno de Gondomar a celebrarse o próximo xoves 12 de setembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL