Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Colisión entre un cabalo ceibe e un vehículo no Alto de San Antoniño en Couso.

Correo-e Imprimir PDF

sinal-animais-soltos-couso-O accidente deixou por saldo a morte do equino e o coche sinistrado, aínda que non se reportaron persoas con feridas de consideración.

-O cartel que alertaba da existencia de animais soltos neste punto foi “roubado” días atrás segundo denuncian veciños da zona.

- A Garda Civil trata de identificar o propietario do animal, e a concellaría de Medio Ambiente de Gondomar xa procedeu a retirar o cadáver do cabalo.

Gondomar artella un programa cara á redución do abandono escolar durante os meses de verán.

Correo-e Imprimir PDF

-As clases terán carácter gratuíto ca fin de servir como reforzo escolar destinado a mozos e mozas de ESO e Bacharelato.
- As solicitudes de inscrición poden presentarse no Concello ata o vindeiro sábado, 29 de xuño.

A deputada Eva Solla (AGE) reúnese coa plataforma de afectados “Merda fóra de Gondomar”.

Correo-e Imprimir PDF

eva-solla-merda-foraCatro membros da plataforma "Merda fóra de Gondomar" sostiveron una xuntanza coa deputada Eva Solla (AGE) para informar á representante da preocupación veciñal pola construción do tanque de tormentas fronte á urbanización As Garzas. Na mesma, integrantes de Esquerda Unida e EQUO, tamén achegaron ao colectivo o seu rexeitamento a esta construción nomeadamente polo que definiron como "opacidade informativa" por parte da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar.

Primeiro balance da Plataforma Gondomar de preferentistas tras o desaloxo “telefónico” do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

desaloxo-afectados“Hoxe o noso alcalde D. Fernando Guitián mandou ao xefe da policía local vía telefónica (xa que el non estaba no concello) desaloxar os afectados que levaban case 7 meses encerrados en dito concello”. Con este breve texto os membros da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Gondomar daban a coñecer este venres ao mediodía o que ocorría neses intres tras a negativa destes de suspender as pitadas no interior da casa consistorial.

O alcalde de Gondomar esixe a Melytour e ATSA que acorden itinerarios e eviten a supresión de liñas.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomar- Fernando Guitián sostivo unha reunión coas empresas na que tamén demandou a resolución do "conflito de competencias" polo que os autobuses de ATSA non entran en Gondomar deixando os pasaxeiros en Mañufe.
-Na xuntanza, o rexedor trasladou o seu rexeitamento fronte á redución de liñas planificada polas empresas.
O Concello de Gondomar non aceptará a redución de liñas proposta polas empresas Melytour e ATSA e formula un acordo entre ambas as dúas para compartir horarios. Así reiterouno o alcalde do municipio, Fernando Guitián, nunha reunión mantida co Director Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Miguel Rodríguez Bugarín, e representantes de ambas as dúas empresas de transporte.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL