Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Brigadas e helicópteros combaten un incendio na parroquia de Santa Baia de Donas, Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

lume-donas-O lume ten lugar a pouca distancia do Castro da Pedra Moura, onde se atopa o espazo castrexo musealizado.

-Actualización : 20 horas. Controlado o lume na parroquia de Santa Baia de Donas. De momento sen estimación da superficie afectada polo lume.

-Actualización: 19 horas. O lume sigue activo e Medio Rural mobiliza para o combate do incendio a dous axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas e unha pala. Tamén dende o aire cinco helicópteros e un avión. Outras axencias tamén achegaron persoal ao lugar como Semprona, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local de Gondomar para tarefas de auxilio e asistencia.

VIDEO - Tralo incendio no Monte Tetón

Correo-e Imprimir PDF

Zona do Ecoparque do Monte Tetón durante o incendio - Foto @antonestevezO incendio no Monte Tetón ao igual que os incendios no Rosal e Oia deixan tras de si unha imaxe de paisaxe lunar e desolación.

Este foi o vídeo feito polos colegas de 1punto1 Fotografía tras o incendio no Monte Tetón.

Gondomar perde a metade das frecuencias a Vigo e queda sen liñas cara o centro de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

horarioatsa-A concesionaria de transporte ATSA reduce a partir do luns a 8 quendas a frecuencia Gondomar - Vigo de luns a venres, a 3 os días sábados e tan só 2 para os domingos e festivos.
-Os novos horarios non están dispoñibles na terminal de Gondomar, nin son coñecidos polas autoridades locais. Tampouco que as novas rutas deixa de comunicar a vila condal co centro de Nigrán e Coruxo, pois eliminan os traxectos pola PO 552 (carreteira de Camposancos).

Lumes de distinta intensidade foron controlados en Couso, Tebra, Mañufe e Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

O lume en A Raxada, parroquia de Couso, Gondomar - Foto @antonestevez-O lume arrasou 15 hectáreas de A Raxada nos montes de Couso en Gondomar.

-Foron controlados dous principios de incendio en Fontán (Mañufe) e A Pasaxe (Vincios)

-Desigual sorte sufriron os petróglifos do Monte Tetón

Témese polos danos do lume ao petróglifo de círculos concéntricos máis grande de Europa

Correo-e Imprimir PDF

Petróglifo de As Portaxes, no monte Tetón - Imaxe: IEMHoxe pola mañán os compañeiros de GondomarTV tentaron sen éxito, acceder á zona do ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón, en Tomiño.

O chan da zona seguía ardendo polo subsolo, e as brigadas e o helicóptero traballaban desde primeiras horas para enfríar o chan e impedir novos rebrotes pola acción do vento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL