Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O río Zamáns segue a soportar vertidos incontrolados de entullo e lixo.

Correo-e Imprimir PDF

16-06-2013-lixo-zamans-1-Unha limpeza de 200 metros organizada polo Proxecto Ríos recolleu máis dunha tonelada de lixo da canle e beiras do Zamáns nunha xornada de voluntariado desenvolvida o domingo pasado.
-Os voluntarios detectaron no Pego Negro a permanencia dun entullo de terra e pedra de grandes dimensións que leva dous anos no enclave.

O BNG presenta unha moción para que o Concello de Gondomar esixa a retirada do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza.

Correo-e Imprimir PDF

CuadriculasO BNG acaba de propor ao Pleno do Concello que trate unha moción para esixir da Xunta de Galiza a retirada do documento de inicio do Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza. A agrupación nacionalista que actualmente non conta con representantes na corporación, propón a elaboración dun novo plan "coa participación e consenso dos axentes que deben forman parte do Consello Galego da Minaría, como marca a Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galiza". Ao mesmo tempo nesta moción proponse tamén prohibir a extracción de minerais metálicos polo sistema de ceo aberto, "eliminando completamente o uso de cianuro ou substancias perigosas que poñan en risco a saúde ambiental e das persoas", así como as técnicas de "fracking", en todo o territorio galego, incluída a plataforma continental.

O fiscal Carlos Varela adianta en Gondomar, aspectos do proxecto co que intenta combater a “corrupción sistémica”.

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Varela-Carlos-MeixomSen caer na creación de novas estruturas burocráticas, pero coa propia administración de xustiza como alicerce, nomeadamente o Consello de Contas, o fiscal Carlos Varela propón a creación dun proxecto para combater a "corrupción sistémica" a través de planes de prevención nas administracións públicas, a revisión dos instrumentos xudiciais que enlentecen os procesos e a formación cidadá. Esta última, como peza clave para desterrar estas prácticas na vida social.

Eladio Costas afonda diferenzas co alcalde e cualifica a súa xestión como despótica.

Correo-e Imprimir PDF

eladio-costasO ex tenente de alcalde de Gondomar Eladio Costas (PP) séntese vítima dunha política de “secretismo” e “ocultismo”, que segundo afirma, practicara o alcalde Fernando Guitián para con el durante a convivencia no goberno. Nunha conversación con esta Redacción, Costas asegurou que no bipartito (PP-CDL) non existe o traballo en equipo. No transcurso deste mércores, o aínda concelleiro popular, achegou por escrito a súa opinión destes dous anos de goberno municipal, na que cualifica de “desgoberno” e “despotismo” a xestión do rexedor.

O Pleno de Gondomar pide a Augas de Galicia a paralización da construción do polémico tanque de tormentas.

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar-O goberno de Gondomar divídese e perde a votación pola abstención dos socios do CDL e o voto contrario ao alcalde do ex tenente de alcaldía Eladio Costas (PP).
-A moción foi presentada polos concelleiros nacionalistas e apoiada polo PSOE, IXG e máis o popular Eladio Costas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL