Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

As protestas dos preferentisas desaloxan tres días á semana aos funcionarios do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

bocinas-preferentes-gondomaLuns, mércores e venres de 10 a 12 horas as oficinas da casa consistorial de Gondomar quedan baleiras. Agás o axente de quenda na policía local, o resto do persoal do Concello se retira das instalación. O motivo atópase nas protestas que con bocinas e pitadas desenvolven os membros da Plataforma Gondomar de Afectados polas Preferentes e Subordinadas.

O Proxecto Ríos e A Groba convocan voluntarios para unha limpeza do Río Zamáns entre Vilaza e Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

rio-zamans-limpezaO vindeiro domingo 16 de xuño as dez da mañá, voluntarios de Proxecto Ríos e da asociación ecoloxista A groba farán unha xuntanza común co fin de chamar a atención do estado dos ríos. Neste caso a intervención farase nun treito determinado do curso medio do río Zamáns entre Vilaza, Chaín e Vincios. Realizarase unha limpeza dunha zona moi concreta de alto valor ecolóxico e etnográfico que leva moitos anos maltratada con entullos e que serve, nalgúns casos, de vertedoiro incontrolado de innumerables residuos.
Convócase a veciñanza e a tódalas persoas sensibles co medio ambiente. Tódolos interesados poderán informarse desta actividade chamando o teléfono 627 27 68 16

A polémica pola fosa séptica de Gondomar chega ao parlamento e mobiliza á veciñanza

Correo-e Imprimir PDF

fosa-septica-gondomarA preocupación polo impacto ambiental da fosa séptica que se está a construír nas beiras do Río Miñor en Gondomar e as súas consecuencias para os veciños aterra no parlamento de Galicia. A deputada Eva Solla (Alternativa Galega de Esquerda) presentou unha serie de preguntas ao respecto que o goberno da Xunta deberá responder de forma oral en comisión parlamentaria. A todo isto, unha plataforma de veciños de Gondomar afectados pola obra convocan a unha concentración para este mércores 5 de xuño no Centro de Saúde ás 21 horas.

ANOVA: Gondomar está gobernado “por diferentes familias do PP” nunha “unión temporal de intereses”.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomar-Co título “Dous anos perdidos”, ANOVA  fai público un documento de valoración da xestión do goberno bipartito (PP-CDL) en Gondomar . O documento céntrase na xestión das concellarías de Economía e Facenda, Urbanismo, Vías e Obras e a de Medio Ambiente para concluír que “Gondomar ten un goberno municipal e un alcalde incapaces de dialogar coa sociedade  a quen se debe”, e dirixido por un PP “encerellado nas súas leas internas”.

Setecentos metros cadrados de alfombras florais cubriron as rúas de Gondomar durante o Corpus.

Correo-e Imprimir PDF

Corpus5Gondomar volveu ser fiel a unha das súas tradicións máis arraigadas, a celebración do Corpus Christi, amencendo este domingo cuberta de alfombras florais confeccionadas durante toda a noite polos propios veciños. En total foron 700, os metros cadrados cubertos por estes mantos florais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL