Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Prenden lume en San Antoniño e o monte Tetón

Correo-e Imprimir PDF

O lume afectou ás parroquias de Couso, Tomiño e Malvas - Foto @antonestevezTres focos ameazaron a noite pasada na confluencia dos montes de Couso (Gondomar), Monte Tetón (Tebra - Tomiño) e preto da parroquia de Malvas en Tui.

Témese polo estado dos petróglifos do monte Tetón, o gravado rupestre de círculos concéntricos máis grande de Europa.

O lume comezou pasadas ás 21:30 da noite en Couso. O vento e a sequía que asola este verán en Galicia propagaron rápidamente as chamas nas zonas sinaladas onde foron desprazadas as brigadas que se atopaban extinguindo os rebortes de lume en Oia e O Rosal.

Un perigoso desnivel sen valado na estrada Baralla - Touteiras pon en perigo a peóns e motoristas.

Correo-e Imprimir PDF

R0012299Un desnivel de catro metros a carón da estrada que comunica Baralla con Touteiras na parroquia de Morgadáns preocupa á veciñanza pola falla de valado que protexa a peóns e vehículos. A agrupación nacionalista ANOVA denuncia que tanto o Concello de Gondomar como a Entidade Local de Morgadáns foron advertidos hai un mes sen ter ata de agora resolto o problema nin recibido resposta por parte das autoridades.

A Xunta licitará despois do verán un conxunto de melloras para a estación de autobuses de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anuncia a licitación para despois do verán dun conxunto de melloras para executar de xeito inmediato en 37 estacións de autobuses galegas, entre as que se atopa a de Gondomar, mediante unha achega económica de preto de 1,6 millóns de euros.

O BNG pide explicacións ao alcalde popular Fernando Guitián

Correo-e Imprimir PDF

-O BNG esixe explicacións ao alcalde de Gondomar sobre as actuacións de membros da súa formación política implicados en casos de corrupción relacionados co urbanismo no concello.
Ante a petición da Fiscalía de 2 anos de prisión, 22.500 euros de multa e oito anos de inhabilitación, por presunto delito de prevaricación contra o anterior alcalde de Gondomar, o popular Martín Urgal, e do seu concelleiro de Urbanismo Alfonso De Lis, o BNG de Gondomar denuncia que estase ante "un suposto caso de corrupción urbanística que afecta directamente, unha vez máis, ao Partido Popular do noso concello".

Alfonso de Lis: “A mi me conocen por lo que digo y no por lo que callo”

Correo-e Imprimir PDF

 alfonso-de-lisA mi me conocen por  lo que digo y no por lo que  callo” sentenciou o ex concelleiro de urbanismo de Gondomar, Alfonso de Lis ao comezo dun diálogo telefónico con Valminor.info. Consultado pola denuncia que a Fiscalía presentou contra el por mor dunha presunta prevaricación urbanística, asegurou: “No he cometido ningún delito. Esto se deriva de una denuncia falsa corroborada por dos técnicas. Lo voy a demostrar.”

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL