Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Prenden lume en San Antoniño e o monte Tetón

Prenden lume en San Antoniño e o monte Tetón

Correo-e Imprimir PDF

O lume afectou ás parroquias de Couso, Tomiño e Malvas - Foto @antonestevezTres focos ameazaron a noite pasada na confluencia dos montes de Couso (Gondomar), Monte Tetón (Tebra - Tomiño) e preto da parroquia de Malvas en Tui.

Témese polo estado dos petróglifos do monte Tetón, o gravado rupestre de círculos concéntricos máis grande de Europa.

O lume comezou pasadas ás 21:30 da noite en Couso. O vento e a sequía que asola este verán en Galicia propagaron rápidamente as chamas nas zonas sinaladas onde foron desprazadas as brigadas que se atopaban extinguindo os rebortes de lume en Oia e O Rosal.

 

Os brigadistas levaban xa acumuladas máis de 12 horas de traballo cando foron chamados para loitar que estes novos puntos. Ás 22:38 chegaban ao alto de San Antoniño as primeiras motobombas e os primeiros efectivos que agardaban instruccións dos posto de mando para entrar directos ao lume. Na outra punta do monte, no monte Tetón, as lapas entrevíanse na cresta do monte, e a Garda Civil copaba a entrada de acceso ao parque arqueolóxico nesta parroquia de Tomiño. Ás 23 horas, os efectivos adentrábanse no monte logo da confusión xerada incialmente na localización dos focos.

Ás 23horas chegaban de Oia dous máquinas "buldozzers" para abrir camiños e cortalumes nas zonas afectadas.

Veciños e curiosos apostábanse na rotonda que une as estradas dirección Tui e Tomiño, onde se podía ver como o lume de Couso corría estrada arriba xusto na cabeceira das casa da zona da Fraga, en Gondomar.

Pasadas ás 2 da madrugada os focos dábanse por extinguidos.

Vídeo Valminor.info e Gondomar.tv

Dim lights Embed Embed this video on your site

Imaxes valminorinfo e @antonestevez