Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Varias toneladas de entullos, lixo, pedras e terra acosan o río Zamáns entre Vilaza e Chaín.

Varias toneladas de entullos, lixo, pedras e terra acosan o río Zamáns entre Vilaza e Chaín.

Correo-e Imprimir PDF
entullo-zamans
descarga-terra-zamans
toneladas-pedra-zamans
vertido-pedras-zamans
muinho-beira-zamans
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

-A Asociación A Groba denuncia un importante vertido no río Zamáns

A Asociación Ecoloxista A Groba atopou a pasada fin de semana varias toneladas de entullo, lixo, pedras e terra espallados nas beiras do río Zamáns. Os vertidos afectan o tramo comprendido entre os barrios de Vilaza e Chaín. O colectivo alerta sobre a ameaza que representan estes vertidos incontrolados sobre a calidade da auga, así como as súas consecuencias no medio ambiente.

O achado foi atopado durante unha actividade de observación do cause do río Zamáns, que periodicamente desenvolve o colectivo como entidade colaboradora do Proxecto Ríos. Unha iniciativa cidadá que promove unha labor de concienciación, educación e participación na defensa dos ríos.

Durante a fin de semana membro de A Groba percorreron as beiras do río Zamáns, analizando a flora e a calidade da auga. O traballo da conta da riqueza etnográfica do lugar, sinalando nun percorrido de pouco máis dun quilómetro a existencia de 10 muíños.

Voceiros de A Groba sinalan que "a nosa idea é concienciar na importancia dos ríos como espazos naturais privilexiados". Agregan que a súa conservación" é crucial dende varias perspectivas, as naturais sen dúbida pero tamén dende o punto de vista económico e socia".

A asociación subliña que non se pode permitir "que se sigan a facer vertidos incontrolados, esas agresións ó medio deben ser perseguidas e sancionadas, o vertido atopado son toneladas de entullos que poden afectar o curso do río".