Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños de Donas solicítanlle ao alcalde de Gondomar melloras na iluminación e o saneamento da parroquia.

Veciños de Donas solicítanlle ao alcalde de Gondomar melloras na iluminación e o saneamento da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Veciños de Donas na Casa Consistorial. Durante o encontro, os membros da plataforma veciñal trasladaron ao alcalde as súas peticións para solucionar os problemas que lles afectan e se repasaron as actuacións que quedan pendentes de acometer, co fin de fixar a súa execución.

Segundo sinala o rexedor, “entre os temas tratados, e sobre os que se actuará, encóntranse a iluminación das vías, o saneamento e a mellora e arranxo de cunetas”. "O obxecto desta reunión é coñecer de primeira man as demandas dos nosos veciños e atender e solucionar, na medida do posible, os problemas formulados", asegura Guitián.

O alcalde recibiu aos veciños acompañado do concelleiro de Vías e Obras, Jesús Salgueiro e do concelleiro de Medio e Servizos, Juan Carlos González.