Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas levará adiante o seu "Enterro dos Aforros".

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas levará adiante o seu "Enterro dos Aforros".

Correo-e Imprimir PDF
enterropreferentes

-Ás 19:30 horas deste mércores Gondomar terán lugar dous enterros, o primeiro a cargo dos veciños de Chaín que desenvolverán o tradicional Enterro da Sardiña acompañado pola lectura do testamento. A continuación, os aforristas afectados pola venda de accións preferentes e débedas subordinadas das caixas galegas, escenificarán o "Enterro dos seus aforros" a través da queima dun ataúde e a lectura dun pregón. Os actos terá lugar fronte á praza da Paradela.

 

As choivas trocan os festexos oficiais do Entroido en Gondomar

Mentres o popular Enterro da Sardiña terá lugar na tarde deste mércores, Gondomar celebrará o seu desfile de Entroido o día venres.

Desde a Concellaría de Festexos, dirixida por Ignacio Troncoso, comunícase que o tradicional desfile de comparsas do Entroido, aprazado por mor das condicións meteorolóxicas, celebrarase finalmente o vindeiro venres, día 15, ás 21.30 horas.

Do mesmo xeito que estaba previsto, o actor Cándido Pazó será o encargado de ler o pregón deste Entroido 2013 abrindo paso ao tradicional desfile.

As quince comparsas convocadas o pasado domingo participarán este venres no concurso.

O percorrido tamén se mantén. O desfile pasará polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz, para finalmente realizar unha pequena parada na praza do Concello, onde haberá unha pequena verbena para amenizar a espera ata que se leve a cabo a entrega de premios.

O resto da programación do Entroido 2013 mantense sen ningún cambio.