Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A campaña 'Presume de praceiro/a chega a Gondomar

A campaña 'Presume de praceiro/a chega a Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Presume de praceiro/a

A Praza de Abastos do Concello de Gondomar participa unha vez máis na campaña 'Presume de praceiro/a' da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

A iniciativa, na que cada cliente dos mercados poderá votar polo seu 'praceiro' ou 'praceira' favorita, chegou este luns a Gondomar. Por cada compra realizada, os usuarios do Mercado Municipal recibirán unha tarxeta-voto. Unha vez cuberta a papeleta, cos seus datos e voto a calquera posto da praza, deberán depositala nunha urna habilitada para o devandito fin na propia praza.

Entre todas as votacións recollidas se celebrará un sorteo o día 12 de abril no que se extraeran tres tarxetas que serán premiadas con 75, 50 e 25 euros, respectivamente, en bonos cambiables por compras no mercado municipal.

Unha vez realizado o sorteo baleirarase a urna e abrirase outro prazo para un novo sorteo que se realizará o 3 de maio e que contará con outros tres novos premios.

O mellor 'praceiro' ou 'praceira' de Gondomar sairá do reconto de todos os votos vendo recoñecida a súa profesionalidade e dedicación.

A campaña, posta en marcha pola Xunta de Galicia, enmárcase na estratexia que leva a cabo a Consellería de Economía e Industria co obxectivo de potenciar as prazas de abastos como pezas clave no tecido comercial e na dinamización de vilas e cidades.