Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Un centenar de veciños de Gondomar iniciaron o Programa "Envellecemento + Activo".

Correo-e Imprimir PDF

Preto dun centenar de veciños toman parte dos cursos "Estimulación da memoria" e "Ximnasia de Mantemento", informou este martes a Concellaría de Benestar Social de Gondomar. As actividades foron inauguradas pola concelleira responsable, Patricia Durán, quen destacou o aumento da participación nestas actividades.

O reloxo da torre da casa do Concello de Gondomar volve a funcionar despois de dous anos.

Correo-e Imprimir PDF

reloxoOs veciños de Gondomar volverán a escoitar o característico toque de campá do reloxo que dende o ano 1906 preside a casa consistorial do municipio. A intervención dun equipo de profesionais contratados pola administración, logrou pór en funcionamento ao mítico aparello que novamente dará as horas cun toque das 8 da mañá até a media noite, segundo informou o Concello. O reloxo, que levaba máis de dous anos parado, fora doado a Gondomar polo "indiano" e fillo do municipio Manuel Losada Carrera.

Accidente automobilístico na PO-331 á altura do quilómetro 17 no carril Gondomar – Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

Minutos antes das 9:00 da mañá deste luns, tivo lugar un accidente á altura da curva existente no quilometro 17 da PO-331, no carril que circula dende Gondomar cara a Vincios. Un turismo azul envorcou por razoes aínda descoñecidas, sen provocar lesións de gravidade na súa única ocupante. A muller de 35 anos foi atendida por unha ambulancia asistencial, pero a mesma pediu o alta voluntaria, segundo informan os servizos de emerxencia.

75 mulleres reciben capacitación gratuíta en modalidade on-line a través do CIM Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mujer con_pcSetenta e cinco mulleres, na súa maioría de Gondomar, participan de seis cursos que a través de internet está a coordinar a Concellería de Igualdade a través do Centro de Información á Muller. Por quinto ano consecutivo o CIM está a traballar nesta modalidade on-line co obxectivo de brindar capacitación gratuíta en diversas áreas a mulleres desempregadas e en activo.

Espertan polémica en Gondomar as votacións do alcalde na Deputación co respecto á supresión das entidades locais .

Correo-e Imprimir PDF

 

fernado-gutian-sentado-O pleno da Deputación de Pontevedra aproba dúas mocións a prol da permanencia das entidades menores locais .

-O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián votou a favor na moción presentada polo PP e abstívose na presentada polo PSOE.

-A moción do PSOE pide "rexeitar" o anteproxecto de lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, mentres que a do PP solicita a Rajoy a "revisión" do mesmo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL