Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Logo de dous anos de reclamos a Deputación presenta proxecto de beirarrúas para a estrada Gondomar - Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

estrada-chainFinalmente e logo de dous anos de reclamacións, recolleita de sinaturas e peticións por parte dos veciños e usuarios da EP-2302 que vai de Gondomar a Morgadáns, a Deputación de Pontevedra presentará un anteproxecto da beirarrúa reclamada, sobre a devandita estrada. Un equipo de técnicos do organismo provincial se fará presente o vindeiro sábado 8 de setembro ás 11h na Casa da Cultura de Gondomar, co xeito de presentar a iniciativa aos veciños, informaron esta tarde dende o Concello.

O Concello de Gondomar agasalla aos nenos e nenas saharauis que pasaron o verán no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

saharahui-na-Colleira-A estancia inscríbese dentro do programa 'Vacacións en paz', posto en marcha pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

-O acto de despedida celebrouse no Parque da Coelleira

-Os rapaces inician a viaxe de retorno ao Sahara o vindeiro domingo.

Imaxes da celebración da I Festa Medieval de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

0001Un espectáculo de lume a cargo das compañías Al-folk e Confusión e o desfile dun dragón xigante puxo o punto final á I Festa Medieval de Gondomar, un evento organizado pola empresa Fusión Medieval que durante toda a fin de semana reviviu en rúas e prazas do concello a época dos castelos e os cabaleiros a través da artesanía, os oficios tradicionais, a música, o baile e a animación de rúa. A actividade contou coa colaboración da Concellaría de Cultura de Gondomar.

IMG 8873IMG 8880IMG 8885IMG 8886IMG 8898IMG 8938IMG 8942

Chega a luz eléctrica aos cemiterios de Donas e San Cibrán

Correo-e Imprimir PDF

As carencias de servizos nalgúns cemiterios do municipio de Gondomar empezan a ser obxecto de actuacións por parte do Concello. Nese senso, a Concellaría de Medio Ambiente e Servizos anuncia que no que va do 2012 foi proporcionado subministro eléctrico e auga municipal ao campo santo de Donas e electricidade no de San Cibrán, dando cumprimento a reclamos efectuados polas comisións veciñais desas localidades.

O Pazo do Conde de Gondomar novamente abrirá as súas portas para ser visitado os xoves de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

pazo-conde-audicion-iemDende que Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez asumiu como o XIII conde de Gondomar en decembro de 2010 as portas do histórico pazo que levantara o seu devanceiro Diego Sarmiento de Acuña (I conde de Gondomar) amosan plena disposición a abrirse a visitas e actividades comunitarias. Audicións musicais e visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos, o Concello e outras organizacións socias, colocaron novamente ao Pazo do Conde como un enclave de grande atracción para veciños e turistas. Agora, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Turismo informan que terán lugar visitas guiadas os próximos dous xoves deste mes de agosto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL