Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O goberno de Gondomar aproba por maioría un crédito de 1.657.261,82 € para o pago de provedores.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomar- Nacionalistas denuncian: "É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado"

- A concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro (CDL), asegurou que a firma da operación "axudará enormemente a sanear a economía local".

35 veciños asinan en Morgadáns unha declaración voluntaria para que as súas lápidas sexan en galego.

Correo-e Imprimir PDF

acto-cemiterio-morgadans-13O pasado domingo 13 de maio, 35 veciños de Gondomar asinaron unha declaración voluntaria de reafirmación da súa galeguidade "fronte un dos momentos máis transcendentes da vida, o da morte", ca manda para os seu herdeiros "da protección do legado cultural e lingüístico de Galicia". Entre outras manifestacións, os asinantes rexistraron o seu pedido expreso de ser lembrados nas súas lápidas cunha inscrición en lingua galega. O acto tivo lugar no marco da iniciativa "En Galego agora e sempre", que desenvolveuse na Entidade Menor Local de Morgadáns.

"En galego agora e sempre". Acto reivindicativo dos dereitos dos galego falantes en Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

urbano-esmerodeO vindeiro domingo 13 de maio ás 12 horas no cemiterio de Morgadáns, no barrio da Pedra-Gonda, terá lugar o acto da iniciativa "En Galego agora e sempre". O mesmo enmárcase nunha serie de actividades que se están a desenvolver cara ao fomento e defensa da lingua. Nomeadamente neste caso, a posibilidade que as persoas que así o manifesten podan asinar unha Declaración de vontade de vivir e ser lembrado como galego falante; e unha "Troca das lapides" á lingua galega. No acto estarán presentes Urbano Esmerode Domínguez (Presidente da Entidade Menor de Morgadáns), Xosé Luía Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega), Xoaquín Monteagudo Romero (Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia) e Carlos Varela García (Fiscal Superior de Galicia).

Os rapaces de Gondomar adiantaron o espírito das olimpíadas nunha xornada de xogos e convivencia.

Correo-e Imprimir PDF

I-olimpiada-de-convivencia-A Concellaría de Deportes do concello de Gondomar, organizou o día 9 de maio a "I Convivencia Olímpica" para nenos de Educación Infantil. Na mesma participaron 190 nenos e nenas dos centros educativos do concello. A xornada levouse a cabo ao longo da mañá no Pavillón de Deportes, contando coa colaboración do profesorado dos centros, dos clubs deportivos do municipio e persoal da Concellaría.

Gondomar intenta dar solucións ás fincas de Tomada aínda afectadas pola Autoestrada do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1O Concello de Gondomar comezará un estudo sobre a franxa de afección da Autoestrada do Val Miñor (AG-57) a seu paso polo núcleo de Tomada, na parroquia de Borreiros. A medida intenta solucionar os casos de varias fincas deste núcleo con parte das súas infraestruturas dentro da liña de dominio público O municipio, por decisión plenaria, deberá posteriormente incluír solucións a estes casos na redacción do PXOM (actualmente en tramitación), e solicitar as modificación pertinentes ante a Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL