Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Desfile de Moda 2012 no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

vestidos-que-estan-a-la-moda-7A Academia Coser e Crear exhibirá os seus traballos do ano esta tarde no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, cun desfile que terá lugar ás 17:30 horas con entrada libre. Vestidos para o día e a noite, roupa para nenas e nenos, así como complementos para bebés –a especialidade da casa-, serán amosados por un equipo de modelos integrados por aboas, fillos e familiares das máis de 30 alumnas que confeccionaron as prendas. O evento será animado pola Academia de Danza Gondomar.

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención á Asociación Cultural San Roque de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

subvencion-cc-morgadan-2012A Asociacións Cultural San Roque de Morgadáns recibiu unha axuda da Deputación de Pontevedra por valor de 5.160 euros que se destinará a obras de rehabilitación e mellora da sede.

A rebelión da lectura

Correo-e Imprimir PDF

a-rebelion-da-lecturaArredor de 500 persoas participaron este domingo 22 de abril, nunha Sentada Lectora convocada por Espazo Lectura na Alameda de Gondomar. O acto, que comezou coa actuación do grupo Migallas, consistiu nunha reivindicación cidadá da lectura con aire festivo e cívico, e finalmente mantívose o ceo despexado a pesar da chuvia inicial.

O BNG de Gondomar recompón o seu Consello Local que encabezará Álvaro Lores Frade.

Correo-e Imprimir PDF

bng gondomar-O BNG recompón o seu Consello Local en Gondomar o que estará presidido por Álvaro Lores Frade.

A asemblea de militantes reunida onte, ademais de nomear a Lores como responsábel local, tamén elixiu á escritora e militante sindical Marta Dacosta como viceresponsáble, a Bieto Lobariñas na área de organización e Ana Bringas, como responsábel de finanzas.

Espazo Lectura convoca a cidadanía a unha “sentada lectora” na Alameda en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cartel V_semana_do_libro_baixa-Trátase dun acto lúdico e reivindicativo con motivo da celebración do Día do Libro

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL