Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Espazo Lectura convoca a cidadanía a unha “sentada lectora” na Alameda en Gondomar.

Espazo Lectura convoca a cidadanía a unha “sentada lectora” na Alameda en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
cartel V_semana_do_libro_baixa

-Trátase dun acto lúdico e reivindicativo con motivo da celebración do Día do Libro

 

Este domingo 22 de abril a asociación de fomento da lectura Espazo Lectura convoca a toda a cidadanía galega a que acuda ao concello de Gondomar, ás 12:00 horas, a unha "sentada lectora" que terá lugar na Alameda.

Trátase de traer un libro e sentar no chan da Alameda para enchela de persoas con libros, nunha reivindicación cívica da lectura, segundo explicaron dende a asociación.

Ás 12:30 horas, actuará o grupo Migallas, moi especialmente para o público infantil. Logo farase unha sentada lendo no chan da praza durante 10 minutos. Finalmente, a actriz e escritora Paula Carballeira e a xornalista e tamén escritora Araceli Gonda lerán conxuntamente un Manifesto a favor da lectura.

O acto despedirase coa actuación do coro tradicional Cantares do Brión.