Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O concello de Gondomar trocará na maior biblioteca de lectura compartida do país.

O concello de Gondomar trocará na maior biblioteca de lectura compartida do país.

Correo-e Imprimir PDF
nenos lectura

A vindeira semana Gondomar será un libro. Un texto amplo e multicolor que mudará cada praza, regato, camiño e rúa nunha gran biblioteca onde poderán gozar da maxia da lectura compartida tódolos veciños e visitantes que se acheguen á Semana do Libro e a Lectura que por quinto ano consecutivo a Asociación Espazo Lectura organizará co apoio do Concello de Gondomar. Con motivo do Día do Libro, entre o martes 17 e o luns 23 de abril unha morea de escritores, músicos e artistas de tódolos xéneros animarán esta festa da cultura que terá por principais protagonistas aos propios lectores.

 

O acto central será o domingo 22 de abril, cando está convocada para as 12:00 horas unha Sentada Lectora para celebrar o Día do Libro. Ese día está convocada a cidadanía para que se achegue á Alameda de Gondomar e sente cun libro na man, nunha reivindicación cívica da lectura que tamén incluirá actuacións musicais e a lectura dun manifesto a cargo da actriz e escritora Paula Carballeira e da xornalista Araceli Gonda.

Ademais, durante a semana desenvólvese unha programación especial de actividades diarias:

-Martes 17 ás 20:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CLUB LECTURAS DEBUXADAS

Contarase coa presenza do autor, BRAIS RODRÍGUEZ

-Mércores 18 ás 18:30h (Casa da Lectura, Donas, Gondomar)

Sesión especial: BEA CAMPOS

Espectáculo: CANTARELA, CONTOS E CANTOS PARA NENOS E NENAS

-Xoves 19 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN impartido por KIKO DA SILVA

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos

Haberá un límite de 30 prazas

Inscricións: teléfono 619292991

correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

-Venres 20 de 20:00h a 22:30h (Café Keik, Parque das Ánimas, Gondomar)

V DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER

Lecturas compartidas en voz alta

-Sábado 21 ás 12:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO (para familias con nenos/as de máis de 7 anos)

Libro proposto: CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO

Contarase coa presenza do autor, DIEGO REY

-Sábado 21 ás 18:00h (Auditorio Municipal Lois Tobío, Gondomar)

Representación teatral de CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO, a cargo de TALÍA TEATRO

Organiza: Concellería de Cultura

-Sábado 21 ás 22:30h (Casa da Lectura, Donas)

NOITES GOLFAS. Para público adulto

O LEO I ARREMECÁGHONA: concerto baseado no poemario HAI CU (Xerais)

-Luns 23 ás 18:00h (Biblioteca Municipal Gondomar)

CONTOMAR. Sesión especial. TÍTERES TRES GLOBOS: Pedro e o lobo

 

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin-top:0cm; mso-para-margin-right:0cm; mso-para-margin-bottom:10.0pt; mso-para-margin-left:0cm; line-height:115%; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

images/stories/Canais/Cultura/av/Espazo_Lectura/semana do libro 2012/brais_rodriguez.jpg