Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Desfile de Moda 2012 no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar.

Desfile de Moda 2012 no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
vestidos-que-estan-a-la-moda-7

A Academia Coser e Crear exhibirá os seus traballos do ano esta tarde no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, cun desfile que terá lugar ás 17:30 horas con entrada libre. Vestidos para o día e a noite, roupa para nenas e nenos, así como complementos para bebés –a especialidade da casa-, serán amosados por un equipo de modelos integrados por aboas, fillos e familiares das máis de 30 alumnas que confeccionaron as prendas. O evento será animado pola Academia de Danza Gondomar.

 

O desfile de nenas e nenos estará acompañada por unha mostra de monecos de peluche creados en Vigo pola fábrica Metrópolis.

A Academia Coser e Crear, dirixida polas irmás Mª Jesús e Lucía González Rodríguez, leva 14 anos no ensino das técnicas de corte e confección, de calceta e ganchillo, complementos para bebés e manualidades. Actualmente o seu obradoiro atópase na Rúa Elduayen, nº 34 baixo en Gondomar.