Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca Gondomar 2012

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Educación de Gondomar porá en marcha a partir do 1 de xullo e ata o 31 de agosto a Ludoteca Gondomar 2012, dirixida a nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. A ludoteca realizarase no aula unitaria de Vilaza, en horario de 09:00 a 14:00 horas. A programación comprende talleres, manualidades, xogos, deporte, saídas e rutas pola contorna, con dinámicas de participación e de aprendizaxe colectiva e individual.

Gondomar cóbrese de alfombras durante a celebración do Corpus Christi.

Correo-e Imprimir PDF

 

2corpus-christi-gondomaMotivos florais, xeométricos, relixiosos, infantís… Gondomar volveu ser fiel a unha das súas tradicións máis arraigadas, a celebración do Corpus Christi, amencendo este domingo cuberta de alfombras florais confeccionadas durante a noite polos propios veciños. Nenos e adultos non quixeron perderse esta festa a pesar das inclemencias meteorolóxicas e participaron activamente na realización das mesmas.

Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribirse no campamento de verán do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

chano-pineiro-campamentoAta o 12 de xuño hai tempo para inscribir aos cativos de entre 3 e 12 anos no "Gondoverán" organizado pola Concellería de Igualdade de Gondomar. O campamento que se desenvolverá nas instalacións do colexio Chano Piñeiro, ten un límite de 70 prazas, destinadas a fillas e fillos de traballadores de Gondomar. A actividade desenvolverase durante todo o mes de xullo.

O Novo Proxecto Común presenta moción para o cobro do IBI á Igrexa Católica en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

garcia-cregoO concelleiro Emilio García Crego (NPC-Gondomar), defenderá o cobro do IBI aos bens da Igrexa Católica no pleno municipal de Gondomar a celebrarse este xoves 7 de xuño. O mocionante sostén que a institución relixiosa "vive nun paraíso fiscal ilexítimo e presuntamente ilegal", onde goza de "enormes exencións fiscais", cando na súa opinión "a cidadanía sofre intensamente as desoladoras consecuencias da asfixiante crise económica".

Segundo intento: o NPC pedirá aos concelleiros de goberno de Gondomar que rebaixen as súas nóminas.

Correo-e Imprimir PDF

arauxo-crego-npcOs nacionalistas intentarán por segunda vez no ano rebaixar as nóminas dos seis concelleiros do bipartito con dedicacións no goberno municipal de Gondomar. Nesta ocasión aumentan a aposta, e en vez do 50% solicitado en febreiros, agora lles piden un "xesto exemplar de austeridade ante a crise" cunha diminución do 60% dos seus salarios. A redución produciría un aforro próximo aos 100 mil euros anuais, segundo cálculos do concelleiro Emilio García Crego (NPC), que de aprobarse no vindeiro pleno, se destinarían a aumentar as partidas orzamentarias de carácter social.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL