Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar coloca novos colectores para o reciclaxe de residuos orgánicos e vidro.

Correo-e Imprimir PDF

colectores-lixo-reciclaxe-gO Concello de Gondomar anunciou a colocación de novos colectores para residuos orgánicos e de vidro a fin de incentivar o reciclaxe no termo municipal. Tres deles colocáronse no polígono da Pasaxe, un en Mañufe e dous nos merenderos das áreas recreativas de Gondomar e San Cibrán.

60 rapaces de Gondomar clausuran o GONDOVERÁN

Correo-e Imprimir PDF

gondoveran-2O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, clausuraron esta mañá no CEIP Chano Piñeiro o GONDOVERÁN, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 60 rapaces e rapazas durante todo o mes de xullo.

O Concello de Gondomar apoiará a gravación de catro discos de músicos locais.

Correo-e Imprimir PDF

blue-jeans-(6)-Trátase das novas propostas de Rubén de Lis, Blue Jeans, Os Terribles de Donas e Os Irmandiños de Vincios

-Todas as bandas actuarán dentro da programación cultural deste verán

-Rubén de Lis rexistrará en directo os temas do seu novo traballo no concerto programado por Cultura o 28 de xullo

-"É esencial potenciar a difusión dos artistas e grupos locais", Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura

O PXOM de Gondomar para o 2016?

Correo-e Imprimir PDF

VISTA AREA_DE_GONDOMARA Xunta de Galicia reelaborou o calendario da subvención para a tramitación do Plan Xeral de Organización Municipal (PXOM) de Gondomar fixando o ano 2016 para o pago da última cota correspondente á aprobación definitiva do documento. O novo cronograma espertou críticas por parte do ex alcalde nacionalista (2007-2009) e actual concelleiro non adscrito Xosé Antonio Araúxo quen opinou que finalmente o PP ten programada a aprobación do documento "10 anos despois de nós iniciar os trámites para que Gondomar tivese o tan necesario PXOM".

Gondomar cambia 21 contratos de subministro de electricidade logo de pagar 400 mil euros en 2011.

Correo-e Imprimir PDF

electricidad1Logo de pagar máis de 400 mil euros en 2011 por concepto de gasto en electricidade, o Concello de Gondomar modifica 21 contratos de máis de 10KW de subministración eléctrica colocándoos no mercado libre. A medida forma parte dun plan de aforro enerxético e económico que está a desenvolver a Concellaría de Medio Ambiente, segundo anunciou o seu responsable, o concelleiro Juan Carlos González, a través dun comunicado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL