Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nacionalistas advirten sobre a posible fumigación cun pesticida tóxico nos montes de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

helicoptero-fumigacionAnte a posible fumigación cun pesticida tóxico (Flufenoxuron) dos montes da bisbarra os concelleiros nacionalistas de Gondomar presentarán unha moción ao pleno municipal cara a evitar dita acción que se está a desenvolver en todo o país por orden da Xunta de Galicia. Nomeadamente, os cinco ex concelleiros do BNG (actual Asemblea Nacionalista de Gondomar), pedirán que o Concello se adhira á Plataforma galega contra as fumigacións e solicite ao goberno autonómico a paralización das mesmas nas plantación de eucaliptos con Flufenoxuron en todo o país.

Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Igualdade de Gondomar, e a través do Centro de Información á Muller, anunciou a posta en marcha de "Gondoverán". A iniciativa propón un campamento de lecer e tempo libre para cativos, fillos de persoas en activo ( por conta propia ou allea), co obxectivo de favorecer " a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo", segundo información do CIM Gondomar. As inscrición para 70 prazas se ábrense o vindeiro martes 1 de xuño ata o día 12 do mesmo mes.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública celebrará unha charla - coloquio en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

sosA Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, o próximo Venres dia 25 de Maio, as 19,30h, vai celebrar unha Charla–Coloquio, na Casa da Cultura de Gondomar, sobre "Que está a pasar coa Sanidade Pública ".

O BNG de Gondomar presenta o seu Consello local nas parroquias de Vilaza e Borreiros

Correo-e Imprimir PDF

bng gondo novoO BNG de Gondomar vai celebrar esta semana dous novos encontros dentro da campaña "Conversa do BNG", onde se está a presentar a nova mesa local do municipio. O primeira xuntanza terá lugar no Centro Cultural de Vilaza este luns 21 de maio ás 20:30 horas. O seguinte será no Centro Cultural da parroquia de Borreiros o vindeiro mércores 23 de maio ás 21 horas.

O BNG de Gondomar presentará a súa nova faciana na parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

consellolocal-bng-gondomarO BNG de Gondomar informa que este martes 15 ás 20:30 horas, celebrará un encontro coa veciñanza de Couso na Casa Veciñal da parroquia. Ao mesmo concorrerán os novos responsables do Consello Local, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL