Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Esquerda Unida de Gondomar renovou a súa executiva local.

Correo-e Imprimir PDF

executiva euO pasado venres Esquerda Unida Gondomar reuniuse as 22:00 na casa da cultura de Gondomar para votar a nova executiva local.A proposta levada a cabo polo ex-coordinador local Delvino Magalhaes foi aprobada por maioría , dita proposta configura a estructura interna da organización da seguinte maneira: Josué Villar (Coordinador local),Jorge Carneiro (secretario), Álvaro Vázquez (organización) e Juan Lijó (Comunicación).

40 rapaces de Gondomar reciben formación profesional gratuíta no concello.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarUn total de 40 rapaces adquirirán formación profesional nos sectores de xardinería e hostelería e realizarán prácticas en empresas da zona grazas a posta en marcha de dous cursos organizados e financiados integramente polo Concello de Gondomar. A iniciativa, segundo informaron os concelleiros responsables Ignacio Troncoso e Natalia Salgueiro, está deseñada pola Concellaría de Xuventude en colaboración con Formación e Emprego, e persegue non só a cualificación profesional dun sector poboacional que rexistra os peores datos de desemprego do Estado, senón tamén a súa incorporación ao mercado laboral.

Charla informativa sobre a Reforma Laboral no Centro Neural de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe as 20:30 horas a Cámara de Comercio, en colaboración coa Concellería de Emprego e Comercio de Gondomar celebran unha charla informativa sobre a Reforma Laboral. A reunión terá lugar na sala multiusos do Centro Neural de Gondomar.

O BNG denuncia que o goberno municipal de Gondomar desprotexe o galego.

Correo-e Imprimir PDF

bng gondomar-O BNG de Gondomar critica que o goberno municipal non esixa unha proba de galego eliminatoria no acceso a postos de traballo no Concello de Gondomar.

-Os nacionalistas afirman que esa falla nas novas convocatorias non dá garantías de ser atendido na lingua do país.

O Concello de Gondomar amplía ata este xoves 14 de xuño as inscricións para Gondoverán.

Correo-e Imprimir PDF

chano-pineiro-campamentoA Concellaría de Igualdade de Gondomar informa que se amplía o prazo de inscricións para o Gondoverán ata o vindeiro xoves 14 de xuño. Os interesados deberán dirixirse á casa consistorial e formalizar a inscrición por Rexistro Xeral do Concello de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL