Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Centro Juan María instalase na Praza do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

alumnos-juan-mariaAta o 20 de xullo, ou Centro Juan María de Parada, Nigrán, en colaboración co Concello de Gondomar, ten instalados na praza do Concello de Gondomar, diversas casetas onde están a celebrar obradoiros de manualidades, cartón pedra, coiro e reciclaxe.

Gondomar: Francisco Jorquera reclama a Feijoo que non actúe de forma "sumisa" ante os recortes.

Correo-e Imprimir PDF

festadiadapatriaFrancisco Jorquera cualificou de "insulto ás persoas paradas" que o Goberno do Estado rebaixase as prestación por desemprego. Jorquera sinalou tamén a rebaixa das pensións, "nun país como Galiza que xa cobra as pensións máis baixas do Estado", denunciando que esta crise "é o mellor pretexto para impor un modelo económico sustentado no recorte de dereitos ás traballadoras e aos traballadores". As declaracións do deputado nacional e actual candidato á Xunta de Galicia polo BNG, foron realizadas en Gondomar durante a celebración do Día da Patria organizado polas agrupacións do Bloque da bisbarra e Vigo o pasado domingo.

As agrupacións do BNG do Val Miñor e Vigo celebrarán a Festa do Día da Patria este domingo en Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF

 

francisco jorquera O BNG celebra este domingo 15 de xullo, ás 18:30 horas na Alameda de Gondomar (Praza Manuel Alonso) a Festa do Día da Patria baixo o lema "Rescata os teus dereitos. En Bloque Podemos". O acto contará coa presenza de Francisco Jorquera, portavoz no Congreso dos Deputados e candidato á presidencia da Xunta de Galicia pola agrupación nacionalista.

Concentración contra os recortes nas portas da sede do PP de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

manifestantes-na-sede-do-loUnha vintena de persoas concentráronse na tardiña do venres ás portas da sede local do PP de Gondomar co xeito de protestar contra o plan de axustes que está levando adiante o goberno do popular Mariano Rajoy. "Manifestamos a nosa indignación polo que consideramos unha estafa ao pobo por parte do goberno", sinalou unha das participantes no acto. A concentración, convocada de xeito aberto por Esquerda Unida de Gondomar, rematou sen inconvenientes.

Inscricións abertas para un obradoiro de técnicas na pescuda de emprego para mozas e mozos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaTódolos menores de 30 anos que figuren entre os 1.783 desempregados rexistrados no Concello de Gondomar, máis os que estean "fora de rexistro", poderán anotarse nun obradoiro para mellorar as técnicas na pescuda de emprego. O mesmo será desenvolvido por persoal da Xunta de Galicia no marco do programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL