Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Rúa Ángel Urzáiz quedará só para uso peonil os domingos de xuño e xullo.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarTódolos domingos dos meses de xuño e xullo, entre as 10:00h e as 14:30h, permanecerá pechada para o tráfico rodado a Rúa Ángel Urzáiz (desde o cruce con Manuel Alonso ata a panadería Penisco) con motivo da actuación de diferentes actividades musicais na Praza do Concello de Gondomar. O obxectivo desta medida, afirman dende o Concello, " é garantir a seguridade e o goce dos cidadáns que asistan aos actos e o seu óptimo desenrolo así como a correcta circulación de vehículos durante a celebración dos mesmos".

O Concello homenaxea á veciña máis lonxeva de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

carmen-fajoCarmen Fajo Alonso recibiu un ramo dos concelleiros Eladio Costas e Patricia Durán no seu 103 aniversario.

O BNG de Gondomar propón que a Igrexa Católica pague o IBI.

Correo-e Imprimir PDF

bng gondomarO BNG de Gondomar presentou por medio do rexistro municipal unha petición de moción dirixida a propor ao Goberno do Estado que realice as xestións necesarias para acadar a supresión das exención impositivas que goza a Igrexa Católica. Nomeadamente os nacionalistas esixen que esa institución abone o IBI polos seus bens, dos que só en Galicia posúe 7.691 inmóbeis por un valor catastral de 426 millóns e euros.

O BNG convoca un acto para explicar o borrador da Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras

Correo-e Imprimir PDF

Organizacións labregas e de defensa do medio ambiente de toda Galicia oponse á utilización do FlufenoxuronO BNG do Val Miñor organiza para este venres un acto público ao que asistirá oa deputado nacionalista Henrique Viétez para explicar o borrador da nova Lei de Montes e a proposta de fumigacións das empresas papeleiras nos concellos miñoráns.

No acto intervirán o presidente da Organización Galega de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira, e o deputado do BNG no Parlamento galego, Henrique Viéitez.

 

A ANPA do Chano Piñeiro reclama ao goberno de Gondomar que asuma a xestión do comedor escolar.

Correo-e Imprimir PDF

chano-pineiroA ANPA do colexio Chano Piñeiro de Gondomar presentou unha petición ao Concello de Gondomar onde solicita á administración local que en conxunto coa Xunta de Galicia asuman a xestión do comedor escolar do centro. O reclamo presentouse por rexistro o pasado martes acompañado de 71 escritos contendo 82 sinaturas que foron recolleitas nunha campaña durante o mes de maio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL