Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello homenaxea á veciña máis lonxeva de Gondomar

O Concello homenaxea á veciña máis lonxeva de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
carmen-fajo

Carmen Fajo Alonso recibiu un ramo dos concelleiros Eladio Costas e Patricia Durán no seu 103 aniversario.

 O Tenente Alcalde, Eladio Costas, e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, participaron na homenaxe que o Concello de Gondomar ofreceu o pasado 17 de maio á veciña máis lonxeva do municipio, Carmen Fajo Alonso, coincidindo co seu 103 aniversario. Eladio Costas, acompañado de Patricia Durán fixéronlle entrega dun ramo á homenaxeada nun acto emotivo que tivo lugar na súa casa, na parroquia de Donas.

Cómpre destacar que Carmen Fajo Alonso naceu en Gondomar en 1909 e sempre residiu na parroquia de Donas. Rexentou durante moitos anos unha das tendas do lugar e, co tempo, tamén abriu un bar. Por todo, Carmen Fajo, con cinco bisnetos, catro netos e unha filla, é unha persoa coñecida na parroquia, que ademais de gozar de boa saúde, conta co cariño e respecto dos seus veciños.