Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os rapaces de Gondomar adiantaron o espírito das olimpíadas nunha xornada de xogos e convivencia.

Os rapaces de Gondomar adiantaron o espírito das olimpíadas nunha xornada de xogos e convivencia.

Correo-e Imprimir PDF
I-olimpiada-de-convivencia-

A Concellaría de Deportes do concello de Gondomar, organizou o día 9 de maio a "I Convivencia Olímpica" para nenos de Educación Infantil. Na mesma participaron 190 nenos e nenas dos centros educativos do concello. A xornada levouse a cabo ao longo da mañá no Pavillón de Deportes, contando coa colaboración do profesorado dos centros, dos clubs deportivos do municipio e persoal da Concellaría.

 

Segundo informou a concelleira Natalia Salgueiro, o obxectivo do evento foi" xuntar por unhas horas aos nenos e nenas de 3 a 6 anos de todo o concello para compartir xogos predeportivos baixo os valores do espírito olímpico en un ano como este, no que se celebran as olimpíadas Londres 2012".