Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar "En galego agora e sempre". Acto reivindicativo dos dereitos dos galego falantes en Morgadáns.

"En galego agora e sempre". Acto reivindicativo dos dereitos dos galego falantes en Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
urbano-esmerode

O vindeiro domingo 13 de maio ás 12 horas no cemiterio de Morgadáns, no barrio da Pedra-Gonda, terá lugar o acto da iniciativa "En Galego agora e sempre". O mesmo enmárcase nunha serie de actividades que se están a desenvolver cara ao fomento e defensa da lingua. Nomeadamente neste caso, a posibilidade que as persoas que así o manifesten podan asinar unha Declaración de vontade de vivir e ser lembrado como galego falante; e unha "Troca das lapides" á lingua galega. No acto estarán presentes Urbano Esmerode Domínguez (Presidente da Entidade Menor de Morgadáns), Xosé Luía Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega), Xoaquín Monteagudo Romero (Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia) e Carlos Varela García (Fiscal Superior de Galicia).

 

Declaración de vontades: Mediante Acta de Presenza, aquela persoa que o desexe, declara perante amigos, parentes, coñecidos, autoridades, institucións públicas, etc, que quer "ser lembrado como viviu: en galego". E deste xeito transmitir ese patrimonio lingüístico e cultural.

Troca das lapides: Por este acto, dun xeito colectivo, as entidades e particulares convocantes e convidadas, asistirán á colocación dunha lapide no cemiterio de Morgadáns, na que se lembra aos devanceiros que conservaron o idioma galego, e chamando ao resto dos veciños a pór as súas lapides en galego.