Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Será retirada unha pintada con incitación á violencia machista na vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

unnamedO preocupante agromar de actitudes machistas nas relacións de parella, especialmente na mocidade, será un dos principais temas a debater no vindeiro Consello Municipal da Muller a desenvolverse en Gondomar. O problema será posto enriba da mesa pola representación do BNG que ven de solicitar ao Concello de Gondomar a retirada dunha pintada de claro contido "posesivo e ameazante", das inmediacións do Campo das Cercas.

O Valedor do Pobo intima ao Concello de Gondomar para que responda pola seguridade vial dos escolares de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

peroleiraO Valedor do Pobo entende que as autoridades de Gondomar incumpren a súa obriga de garantir a seguridade vial dos alumnos do CEP de Neira Vilas de Peitieiros. Nomeadamente, comunicáronlle o pasado 13 de agosto de 2012, que abrirían unha investigación ante a ausencia da Policía Local nas horas de saída para ordenar o tráfico da zona . O organismo manifesta a súa preocupación pola localización do paso de peóns que os cativos deben cruzar para achegarse ao transporte escolar, situado "nas proximidades dunha curva con reducida visibilidade". Tras pasar os prazo de 15 días que outorga a lei para que o Concello dera unha resposta, o pasado 13 de xaneiro o Valedor do Pobo volveu a requirir unha resposta das autoridades locais.

Dous équidos feridos no Galiñeiro deberon ser sacrificados e retirados polo Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

- Ambos os dous animais foron examinados previamente polos servizos veterinarios e, ante o mal estado que presentabas debido ás súas feridas, decidiuse sacrificalos, segundo da conta o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Comesella .
-A asociación que xestiona o curro do Galiñeiro sinala que non foi informada dos feitos polas autoridades.
O primeiro deles foi localizado na parroquia de Morgadáns, no lugar de Murxido. Segundo relatou González Comesella a VM, tratábase dun exemplar vello. Recibido o aviso, mobilizouse a Policía Local e deuse aviso aos servizos veterinarios. Tras examinar o animal que se lanzara por un terraplén impactando contra a calzada, os servizos veterinarios aconsellaron sacrificalo debido á gravidade de feridas que presentaba. Unha vez sacrificado, o corpo do animal foi recollido por un xestor autorizado.
O segundo dos casos tivo lugar na estrada do Galiñeiro. Nesta ocasión tratouse dun poldro ferido na calzada, que unha vez mobilizado o mesmo operativo e examinado, tamén foi sacrificado debido ao seu mal estado.

Autoridades da Xunta mostraron a súa satisfacción trala visita as obras do Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF

visita-xunta-ltobioO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou onte Gondomar para comprobar o avance das obras de reforma que se están a realizar nas instalacións do Auditorio Lois Tobío, nas que a Consellería aportou 170.000 euros. O proxecto, cun custe estimado nos 250.000 euros, ten por obxectivo dotar as instalacións de vestiarios, adecuar a platea para outros usos así como mellorar diversos servizos e reestruturar a fachada.

BNG Gondomar solicita o rexeitamento do anteproxecto da Lei do Aborto

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Ruiz-GallardonO BNG solicitará no próximo Pleno do Concello de Gondomar o rexeitamento do anteproxecto da Lei do aborto aprobada polo Consello de Ministros o pasado 20 de decembro.

Os nacionalistas popoñen a paralización inmediata da lei e que se inste á Xunta de Galicia a que demande do goberno do Estado (e ao Ministro de Xustiza) a manter e aplicar a Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL