Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Enterro da Sardiña en #Gondomar a partir das 19 horas deste mércores.

Correo-e Imprimir PDF

O concello de Gondomar celebrará o Enterro da Sardiña este mércores 5 de marzo a partir das 19:30 horas. O mesmo dará comezo co tradicional "velorio" de Dona Sardiña, e a partir das 20:30 horas comezará a lectura do testamento, procesión e enterro.
Por outra banda, o Concello anuncia que o venres 7 de marzo terá lugar o desfile de comparsas a partir das 21 horas.

A “treboada” deixa varada unha embarcación nos montes da parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

barco-couso-4"Tanto temporal e como consecuencia das crecidas do mar", era a ironía coa que os veciños da parroquia de Couso (Gondomar) tentaban explicar este martes o achado dunha embarcación no medio do seu monte comunal. Cos sinais de identificación totalmente borrados, a nave foi transportada e abandonada en medio dun arboredo por mans anónimas. Traballadores da empresa encargada de retirar árbores caídas polas treboadas dos últimos días foron os autores deste achado que xa algúns con humor queren "reciclar" cara o Entroido da parroquia.

As choivas provocan a suspensión do desfile de comparsas do #Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O mal tempo obrigou ao Concello de Gondomar a suspender o desfile de comparsas previsto para este domingo. O mesmo terá lugar o vindeiro venres 7 de marzo aínda que de momento non se informou a hora de comezo.

Con coloridos disfraces, máscaras e fantasías, a mocidade alegra a primeira xornada do #Entroido de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

1898034 746988328659145 2124141300 n-Con coloridos disfraces, máscaras e fantasías máis dun milleiro de raparigos percorreron a vila acompañados de mestras e profesores ante unha multitude de veciños que saíron ás rúas na primeira xornada do Entroido de Gondomar.
Esta mañá, e a pesar de que o tempo ameazaba chuvia, máis de 1000 nenos e nenas provenientes de sete centros educativos de Gondomar desfilaron cos seus disfraces polas rúas do municipio na Gran Carreira pedestre da comparsa escolar, Corre coa túa máscara! Sen dúbida, a graza e inhibición dos máis novos que bailaron e cantaron ao longo do percorrido gañou o aplauso de centos de veciños que apostados nas beirarrúas acompañaron a columna multicolor.

Un pregoeiro “centenario” abrirá o Entroido 2014 en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-No ano do centenario, o Gondomar Club de Fútbol será o encargado da lectura do pregón que abrirá o tradicional “Gran Desfile de Comparsas ” previsto para o día domingo 2 de marzo.

-15 comparsas vidas de Vigo, o Baixo Miño e o Val Miñor animarán o desfile do Entroido gondomareño que este ano ofrecerá actividades para todas as idades, segundo o programa presentado nesta xornada polo concelleiro de Festexos e Cultura, Ignacio Troncoso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL