Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Os profesores e pais do Colexio Neira Vilas obrigados a controlar o tráfico ante a ausencia policial.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-Nota-prensa-ANPA-out-2-A ANPA e a Dirección do Colexio aseguran ter denunciado esta situación en numerosas ocasións, sen por agora ter resposta do Concello de Gondomar, que continúa sen enviar a Policía Local ao centro escolar para controlar o tráfico no horario de saída do alumnado.

ANOVA acusa a Gutián de mentir ao pleno no caso das denuncias policiais a preferentistas.

Correo-e Imprimir PDF

xulio vicente guitian-ANOVA adianta que a denuncia promovida por Fernando Guitián contra os preferentistas que o perseguiron tras o pleno da Mancomunidade foi presentada na súa calidade de alcalde de Gondomar e non a título persoal como manifestou publicamente no pleno da semana pasada.

Os nacionalistas acusan a Guitián de mentir  ao pleno e aos afectados presentes, cando antes de suspender a sesión afirmou que non debatería o tema da denuncia co portavoz da Plataforma de afectados do Baixo Miño, Xavier Vence, pois a tiña feito en carácter persoal e non como rexedor.

Nese senso, ANOVA comunica que  solicitará que o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar inste ao alcalde Fernando Guitián a retirar “todas as denuncias postas contra as persoas por el denunciadas en relación cos actos acontecidos o pasado 30 de abril en Baiona, comezando pola que lle afecta ao voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes,  D. Xulio Vicente González”.

Este xoves terá lugar a vista oral no xulgado de Tui o preferentista denunciado polo alcalde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves 10 de outubro o portavoz da Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, Xulio Vicente terá unha vista oral no xulgado Nº3 de Tui. O motivo desta vista é a denuncia que Fernando Guitián, alcalde de Gondomar ten interposta a Xulio Vicente, tras os incidentes do pasado pleno da Mancomunidade do Val Miñor, do pasado mes de abril.

Tras constatar irregularidades, veciños piden ao alcalde de Gondomar que peche un centro de adestramento canino en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

cans-vincios-O centro localizado no lugar de Os Casás - Donín, parroquia de Vincios, foi inspeccionado  en dúas oportunidades pola Policía Nacional e o SEPRONA que deixaron constancia que nas instalacións trabállase con razas cualificadas como “potencialmente perigosas”, sen as necesarias precaucións de seguridade, ademais de carecer de licenza municipal e títulos profesionais homologados pola Xunta de Galicia.  

O pleno de Gondomar suspéndese depois do rifirrafe entre o alcalde e os preferentistas

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da persecución denunciada polo alcalde de Gondomar- Imaxe VIA TV

O Pleno de Gondomar que tiña lugar este xoves 3 de outubro foi suspendido aos poucos minutos do inicio por decisión do alcalde popular Fernando Guitián.

O voceiro da plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño, Xulio Vicente, acompañado por outros membros do colectivo comezaron a increpar ao rexedor por denunciar xudicialmente a Xulio Vicente tras os incidentes do pleno da Mancomunidade do Val Miñor, o pasado mes de abril.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL