Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Veciños afectados por inundación e posterior derrame de combustible no garaxe dun edificio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-aquilinoUn intenso cheiro a gasóleo afecta a zona localizada na Avenida Elduayen á altura do cruce con Curros Enríquez e Campo da Feira, trala inundación e posterior derrame de combustible nos garaxes do edificio Casa Aquilino. Segundo puido saber Valminor.info, varios veciños deberon abandonar os seu fogares ante a intensidade dos fluídos, ademais do corte no subministro de calefacción, auga quente e o servizo de ascensores para permitir os traballos de limpeza.

Imaxes da riada do día de reis en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

enchente-reis-gondomar-Un vídeo de Gondomar.tv documenta os efectos da treboada de vento e choivas que provocou unha nova enchente dos ríos Zamáns e Miñor que afectaron a vila durante o pasado día 6 de xaneiro.

A Garda Civil queda sen radar en Vincios logo de que un conductor a emprendese chocando contra o vehículo policial

Correo-e Imprimir PDF

Os feitos aconteceron onte na estrada entre Zamáns e Gondomar á altura da parroquia de Vincios, un dos tramos máis negros da comarca en canto a número de sinistros.

Un conductor emprendeuna contra o vehículo policial logo de que o radar o fotografase cometendo unha infracción de tráfico.

Tres coches implicados nun accidente múltiple na AG57 en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Kilómetro 16, un dos puntos negros da AG-57Cinco persoas resultaron feridas, entre elas dous menores de idade, nun accidente con tres vehículos implicados rexistrado na autoestrada AG57 ao seu paso por Gondomar, segundo informaron fontes do 112 e do 061.

O sinistro produciuse ao redor das 17,50 horas do pasado mércores 25 de decembro.

Veciños e bombeiros sofocan o incendio dunha casa en Vincios con mangueiras de xardín

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe arquivo, GRUMIR nunha intervención no Val MiñorOs feitos aconteceron a pasada madrugada, pasadas ás 23:30h, cando o GES recibía aviso da posible explosión dunha caldeira nunha casa particular no barrio de A Rocha, en Vincios.

Os dous axentes do GES do Val Miñor de servizo acudiron cun vehículo-lixeiro á chamada de alerta, dando aviso previo aos bombeiros de Porriño dada a presumible entidade do sinistro.

Á chegada dos efectivos do GES, os veciños xa tiñan controlado o lume con varias mangueiras de xardín, e quedaba desbotada a hipótese inicial da explosión da caldeira como a do incendio. O lume orixinouse no faiado da casa onde gardaban roupa e mobles,  presumiblemente causado por unha curta ou falla eléctrica.

O GES refrescou a zona das chamas coas propias mangueiras de xardín utilizadas polos veciños  ante a falta de medios de extinción que presenta o operativo de emerxencias.
Por sorte, non foi necesario a actuación dos equipos de bombeiros de O Porriño, dada a entidade do lume.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL