Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

EU-Gondomar denunciará os “escurantismos” que rodean o PXOM nunha mesa-debate no CDL.

Correo-e Imprimir PDF

VISTA AREA DE GONDOMAR-Venres 21 de febreiro ás 20 horas no Centro Neural de Gondomar, informe e debate sobre o urbanismo en Gondomar “O PXOM de Gondomar. A ferramenta da especulación”, a cargo do coordinador local de EU, Josué Villar e a responsable de urbanismo da agrupación, a estudante de arquitectura Jimena Varela.

EU denuncia a falla de información e participación no proceso de redacción.

A necesidade desta instancia informativa e do debate sobre o actual proceso de xestación do PXOM de Gondomar, está baseada no “escurantismo”, que segundo EU rodea “o proceso de redacción e os propios documentos”, do plan.  A agrupación denuncia que o Concello de Gondomar negoulles información sobre a documentación en trámite, por non ter EU representación no pleno da corporación. Feito que os afectados tachan de ilegal porque a norma establece que “calquera persoa debe ter acceso aos instrumentos de ordenación urbana, sexa cal sexa a súa fase de tramitación”.

Denuncian o silencio informativo da TVG no caso da imputación do alcalde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Alcalde de Gondomar, Fernando GuitiánO blog do Comité de Empresa da Televisión de Galicia, onde dende fai meses fan públicos os casos de manipulación informativa, sinalan que o caso de Gondomar foi silenciado nos informativos da canle pública.

Unha estación móbil da ITV ficará en Gondomar dende o 17 ao 27 de febreiro.

Correo-e Imprimir PDF

aparcadoiro-as-animas- Para obter cita previo débese chamar ao teléfono 881920981.
A estación da ITV situarase no aparcadoiro da zona de Ánimas dende este martes 17 ata o vindeiro xoves 27 de febreiro. A revisión está autorizada para vehículos de menos de 3500 kg de MMA, segundo comunica o Concello de Gondomar. Para obter cita previa débese comunicar co teléfono 881920981.

A Policía Nacional detén un presunto narcotraficante en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-A intervención, segundo explica a Policía Nacional, formou parte dun operativo para desarticular unha banda de narcotraficantes que vendía grandes cantidades de estupefacientes en Galicia.

-A actuación desenvolvida esta semana, permitiu aos axentes capturar a outras nove persoas que formaban parte da banda nos concellos de Meaño, O Grove e Monforte de Lemos.

-Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte, útiles para a súa manipulación, así como bens por valor de máis de 120 mil euros.

Segunda da conta a Policía Nacional, os seus axentes  desarticularon unha banda de narcotraficantes que vendía varios tipos de sustancias ilegais en Galicia. En total foron arrestadas 15 persoas, cinco delas o pasado decembro na primeira fase da operación, as cales formaban parte da cúpula da organización. Esta mesma semana foron detidas outras 10 persoas nas localidades de Meaño, O Grove, Gondomar e Monforte de Lemos. Os axentes incautaron diversas cantidades de MDMA, cocaína, marihuana, hachís e heroína, ademais de sustancias de corte e útiles necesarios para a súa manipulación e bens por valor de máis de 120.000 euros.

Detido pola Garda Civil un veciño de Gondomar como suposto autor dun atraco en Tui.

Correo-e Imprimir PDF

A Garda Civil detivo o venres a R.C.R.R. de 38 anos de idade e veciño de Gondomar como suposto autor dun roubo nun establecemento hostaleiro de Tui. Os feitos tiveron lugar nun restaurante do concello o pasado día 5 de febreiro cando un home entrou no lugar cun casco de motocicleta e un coitelo, segundo da conta La Voz de Galicia. Segundo a versión tras intimidar á dependenta levouse os cartos gardados na caixa rexistradora.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL