Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Estraño vertido vermello espállase polas augas do Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF

zamans vermelloUn estraño vertido de cor vermello tinguiu as augas do río Zamáns o pasado mércores sen que se coñeza ata de agora as causas do fenómeno. O feito foi captado polo cámara Pablo Banga, de Gondomar.tv quen denunciou a filtración que pode observarse no vídeo divulgado na noite deste xoves 14 de novembro.

As críticas á reforma da Lei de Administracións Local centrará a presentación da deputada Olaia Fernández en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

olaia bngA representante do BNG no Congreso de los Diputados afondará na perda de competencias que a reforma prevé para os concellos de menos de 20 mil habitantes.  Entre elas a posible diminución ou accesibilidade das asociacións locais para acceder a axudas e subvencións. O encontro de carácter aberto terá lugar este venres 15 de novembro ás 20:15 horas na Casa da Cultura de Gondomar. A charla será presentada por Bieito Lobariñas e  Manuela Rodríguez Pumar, responsábel local de acción municipal. 

ANOVA denuncia que a estación de bombeo de A Torre en Chaín leva máis de 20 días vertendo augas fecais ao río.

Correo-e Imprimir PDF

bombeo-a-torre1A menos de un ano da súa reparación a estación de bombeo do barrio A Torre en Chaín presenta unha nova avaría. A pesar dos case 40 mil euros gastados no seu arranxo, a estación está vertendo augas fecais ao río e invadindo con malos cheiros a zona. Así o denuncia o grupo nacionalista ANOVA nun comunicado no que acusa ao goberno municipal de Gondomar de ignorar o problema "malia a que por alí pasa a diario o concelleiro ramo que vive a 200 metros".

Entra en vigor o novo regulamento que amplía as zonas reservadas para carga e descarga na vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

zonas-carga-descarga-gondom-A nova regulación, xa en vigor, aumenta as zonas e horarios destinados á carga e descarga establecendo dous tipos: as zonas libres e as zonas reservadas ou restrinxidas, que so poderán ser utilizadas previa solicitude e trala correspondente autorización

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra recolle no seu número de onte a modificación da Ordenanza Municipal de Carga e Descarga do Concello de Gondomar, que xa está en vigor. No novo documento enténdese por carga e descarga a realizada comercialmente por persoas que realizan as súas tarefas con “carácter profesional e mediante vehículos considerados legalmente como comerciais” quedando, deste xeito, “excluídas as cargas e descargas de carácter privado”, segundo informa o Concello.

ANOVA presentará iniciativas en Gondomar contra a suba do canon do lixo e o copago farmacéutico.

Correo-e Imprimir PDF

preferentesANOVA anuncia que presentará iniciativas no pleno de Gondomar deste xoves, tendentes a evitar a suba do canon do lixo, e o copago farmacéutico. Na mesma sesión os nacionalistas esixirán ao alcalde Fernando Guitián que retire as denuncias presentadas contra integrantes da Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL