Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Veciños informarán á Xunta da “odisea que supón ir de Gondomar a Vigo en bus en pleno século XXI”

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarA plataforma de usuarios do transporte público en Gondomar quere que a Xunta "escoite por boca das persoas afectadas as graves deficiencias que temos en materia de transporte no Val Miñor e a odisea que supón ir de Gondomar a Vigo en bus en pleno século XXI". Para iso, manterán o vindeiro luns 7 de outubro ás 13 horas unha xuntanza con María José Bravo Bosh, delegada territorial da Xunta en Vigo.

Atópase antigo paso de pescadores durante tarefas de limpeza nas marxes do río Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF

Operarios durante as tarefas de limpezaUn grupo de operarios do Concello de Gondomar atopou un antigo paso de pescadores entre as silveiras durante unhas tarefas de limpeza do río Zamáns, á altura da Praza de Abastos. Dende o Concello sinálase que o lugar foi acondicionado polos traballadores retirando a vexetación que o cubría.

Pescadores e ecoloxistas retiran nunha semana dúas toneladas de lixo dos ríos Zamáns e Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

proxecto-rios-Co apoio do Concello de Gondomar, 50 voluntarios da Asociación de Pescadores A Troita Rebelede e o Proxecto Ríos recolleron dúas toneladas de lixo dos ríos Zamáns e Miñor.

- Plásticos, cristais, botellas, rodas e entullo de variado tipo foron atopados en dúas xornadas de limpeza que deixan ao descuberto prácticas contaminantes que utilizan as canles hidrográficas como vertedoiros en varios puntos do concello de Gondomar.

As principais arterias hidrográficas de Gondomar estanse a converter nunha verdadeira entulleira, onde toneladas de lixo son depositadas por mans anónimas nas augas que dan de beber e regan o Val Miñor. Así o amosan as dúas xornadas onde medio centenar de voluntarios saíron co apoio do Concello a botar unha man e retirar parte desta desfeita que contamina día a día os principais ríos do municipio.

O Concello de Gondomar varre as cinzas despois do lume.

Correo-e Imprimir PDF

couso teton 2013 7Desde a Concellaría de Vías e Obras do Concello de Gondomar infórmase de que se están a limpar as pistas forestais afectadas “polos incendios que asolagaron Gondomar nas pasadas semanas”, co obxectivo de evitar que as cinzas cheguen ás casas próximas ou ás estradas e camiños da contorna. Esta é a primeira comunicación pública da administración local co respecto a intervencións relativas á cadea de incendios que arrasou centenares de hectáreas do municipio. Durante os incendios, tiveron lugar varias denuncias de veciños e colectivos que alertaron do mal estado de conservación dalgúns destes camiños forestais, que en moitos casos dificultou as tarefas de combate dos brigadistas e maquinarias de apoio.

Un novo incendio nocturno afecta os montes da parroquia de Morgadáns, en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

lume-morgadans-23-09-2013Por carta semana consecutiva o concello de Gondomar é escenario de lumes que ten a súa orixe en horas da noite. Dende as 20:14 horas está activo un incendio na parroquia de Morgadáns, aínda que sen estimación oficial da superficie afectada. Mais a gravidade do mesmo fai que estean a traballar no lugar 3 axentes e 9 brigadas, dirixidas por un técnico e coa asistencia de seis motobombas e dúas pás mecánicas, segundo da conta Medio Rural.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL